DOMINGO 8 DE NOVIEMBRE
Cortes de tráfico por la 49ª Carreira Popular do San Martiño: horarios y calles cortadas
I CERTAME
Con ilusión, esforzo e compromiso por poñer en valor o patrimonio cultural galego, a coral De Ruada celebrou onte o seu primeiro concurso de baile tradicional, no auditorio municipal. Alí reuníronse un total de 26 grupos pertencentes a asociacións folclóricas, recreativas, agrupacións xuvenís, culturais, de veciños e centros parroquiais. En total, foron 450 participantes que estiveron divididos en catro categorías por idades, co obxectivo de favorecer a participación interxeracional e o relevo cultural, para asegurar manter vivas as raíces. “A categoría con maior participación foi a dos nenos, isto é unha boa experiencia para eles, unha forma de socializar á vez que viven a cultura”, sinala Ismael Rodríguez, responsable da organización deste certame.
Esta iniciativa, moi agardada polos amantes da tradición, tivo unha gran acollida tanto en número de participantes como de asistentes. O auditorio rexistrou un “cheo absoluto”, mentres que os grupos que se animaron a concursar desprazáronse dende distintos puntos de toda Galicia. Con todo, a idea é seguir abrindo fronteiras. “Houbo grupos de asociacións galegas de Madrid e outros lugares que querían anotarse”, sinala Rodríguez, que xa mira con grandes expectativas a próxima edición.
Neste ano 2025, no que o Día das Letras Galegas estivo dedicado ás cantareiras e á poesía popular oral, a coral De Ruada quixo sumarse á celebración cunha actuación moi especial, a das Pandeireteiras de Zobra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DOMINGO 8 DE NOVIEMBRE
Cortes de tráfico por la 49ª Carreira Popular do San Martiño: horarios y calles cortadas
DESPUÉS DE UNA DISCUSIÓN
Rescate "in extremis" en Ourense: salvan a una mujer a punto de precipitarse desde un balcón
DIPUTACIÓN DE OURENSE
La oposición, preocupada por la ejecución del presupuesto provincial de Ourense
Lo último
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
La Galicia de principios del siglo XX vista por la cámara de Nicolás Muller
PATRIMONIO
Circuíto Cultural da Rúa Vella