"UN BESO BIEN LARGO"
Absuelto de una agresión sexual en Ourense a la compañera de piso de su novia
UNIVERSIDADE DE VIGO
Aínda que a súa candidatura era ‘vox populi’ na Universidade dende hai un tempo, Belén Rubio asegura que non foi ata hai varias semanas que comezou a meditar a opción de presentarse ás eleccións á Reitoría da UVigo.
Pregunta. Cando comezou a plantexarse a candidatura?
Respuesta. Hai uns meses xa comecei a tomalo en serio. Sobre todo, cando vin que se ía achegando a data e todo o mundo me sinalaba.. Iso fixo que empezara a madurar a idea, que a xente consideraba que eu podía ser candidata e faleino na casa coa familia. Ao final tanto o apoio da miña familia como do equipo animoume a tomar a decisión.
P. Que lle fixo finalmente decidirse por presentarse?
R. A miña carreira académica non está rematada, pero cheguei ao nivel máximo: son catedrática, teño o máximo de sexenios e quinquenios… Estou preparada, teño a experiencia de moitos anos de xestión á universidade e estes 7 anos á fronte da vicerreitoría permitíronme ter unha visión máis completa da UVigo. Teño a sensación de que agora me toca a min darlle á universidade, devolverlle á comunidade universitaria todo o que me deu e poder continuar co proxecto que empezamos.
P. Que valoración fai destes 7 anos no equipo de goberno?
R. Moi positiva. Cando vas no tren non miras cara atrás nas estacións, pero nestes momentos unha si que recapitula e pensa nas cousas que fixo. Cousas que penso que foron ben feitas, por exemplo, a creación dunha oficina de proxectos internacionais. Ese foi un impulso para os proxectos europeos, dende que entrei ao equipo de goberno multiplicamos por cinco a captación de fondos internacionais. Desde o principio, tiña a idea de facer que os contratos do persoal investigador foran moi abertos. Hoxe temos preto de 900 persoas contratadas por proxectos de investigación e temos un novo servizo de recursos humanos que publica as convocatorias de investigación mensualmente. Iso abre moito máis a universidade ao mundo e é outro dos logros que creo que é bo para a universidade, xa que a nivel europeo nos visibilizan como unha universidade á que poden acceder.
P. Que logros destacaría no ámbito da investigación e transferencia?
R. No ámbito de estruturas, ademais de manter os centros CIGUS que xa tiñamos, conseguimos que Ecobas e Cintecx entraran na rede CIGUS no segundo escalafón e creamos cinco novos institutos de investigación. E no ámbito da transferencia hai moitas cousas que fixemos. Dende que eu cheguei, duplicáronse o número de spin-offs, temos case 300 patentes e aumentou moitísimo o número de proxectos con moitas empresas da contorna.. Todo isto axudoume a tomar a decisión, porque vin que logrei cambiar varias cousas.
P. Que cree que se quedou no tinteiro deste equipo de goberno?
R. Sempre quedan cousas no tinteiro e aínda temos debilidades. Calquera proxecto de calidade que se prece ten que mellorar as cousas. Teremos que afrontar eses cambios. O primeiro é o cambio da lei, aínda estamos adaptándonos: as figuras do profesorado, os estatutos... Outra cousa moi importante é a entrada das novas tecnoloxías, todo o que supón a intelixencia artificial e o xeito de traballar, que pode ser distinto. Coa chegada da pandemia impulsouse o campus remoto e iso ábrenos moito as portas. Hoxe en día so temos unha titulación online e a idea sería avanzar cara unha docencia máis flexible, máis áxil. E dentro desas novas tecnoloxías, hai que optimizar os procedementos da Universidade para axilizar o traballo. Iso quedounos no tinteiro: haberá que analizar todos os procedementos un a un e optimizalos.
P. Que retos deberá afrontar a UVigo nos 6 próximos anos?
R. Eu creo que somos unha boa universidade, pero a nosa reputación aínda non é suficiente. A internacionalización é un dos obxectivos prioritarios, pero tamén temos que mellorar en cohesión interna, buscar sinerxías dentro do PDI, a dixitalización, seguir medrando en innovación, manter o noso nivel de excelencia… Pero todo isto contando co benestar das persoas: medidas de conciliación, teletraballo… Ademais, está a modificación da relación de postos de traballo do PTXAS (persoal administrativo), que non fomos quen de avanzar neste tempo e agora é unha urxencia.
P. Imaxinaba cando comezou que podería chegar a ser a primeira muller reitora da UVigo?
R. Para nada, e menos no 1991. Agora podo comezar a pensalo. Comecei como axudante de primeira etapa e pasei por todos os estamentos. Non pensaba na xestión e nin miraba para o reitorado.
P. Que opina de que en 35 anos só se presentase unha muller a reitora?
R. Creo que é un reflexo da falta de igualdade que aínda temos entre homes e mulleres. Nós impulsamos varias medidas de acción positiva para intentar reducir esa diferencia. Na UVigo temos un 27% de mulleres catedráticas fronte a case un 75% de homes. As mulleres perden comba na investigación cando teñen fillos. Perdes sexenios e é difícil chegar á par dos varóns da mesma promoción. Impulsamos a medida estrela de que as mulleres no primeiro ano tras o parto reducen un 100% a docencia para centrarse plenamente en investigación e poder seguir nesa liña para acadar os sexenios. E teremos que avanzar con medidas que vaian nesa liña. Seguimos tendo que romper ese teito de cristal, esa fenda de xénero. Creo que a miña candidatura a reitora pode animar a outras mulleres a pensar en presentarse a todo tipo de cargos directivos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PREVISIÓN DEL TIEMPO EN JUNIO
El calor, protagonista en un mes de junio marcado por la edición 59 del Rally de Ourense y el inicio del verano
CRISIS POLÍTICA NACIONAL
Feijóo presiona a Junts y PNV para impulsar una moción de censura y forzar elecciones anticipadas