Bernardino Garrido, alertado polos constantes incendios de A Lonia: “Non puiden durmir nada en toda a noite”
TRES DÍAS CONSECUTIVOS
Tres días consecutivos de incendios, poñen en alerta aos veciños da zona rural de A Lonia, Ourense, tras afectar xa a fincas particulares e ameazar de cerca a casas. O deste venres puxo en perigo a vivenda dunha octoxenaria, que quedou rodeada polo lume.
A veciñanza de Canibelos (A Lonia, Ourense) están atemorizada ante os continuos incendios que ameazan casas e fincas particulares. Este venres rexistrouse o terceiro en tres días consecutivos e o lume achégase cada vez máis ás vivendas. Coinciden, con preocupación, en que teñen que ser provocados.
Un dos veciños da zona detectou o inicio do lume entre dúa casas en torno ás oito da tarde, polo que chamou de inmediato aos servicios de extinción, que chegaron rápido á zona e evitaron males maiores. “O que sorprende é que entre as casas non había nada, os brigadistas estiveron toda a mañá, ata as catro da tarde, botando auga”, manifestou.
Segundo residentes de Canibelos, dende o ano 2018 é habitual que case todos os anos teñan lugar incedios que se aproximan as casas. “Este ano adiantáronse, normalmente son en agosto”, indican os veciños.
A finca de Flora, calcinada
Ao carón da casa de Flora Ríos comezou o incendio, o que provocou que a súa propiedade fose unha das máis ameazadas polas chamas. A súa finca, pegada á vivenda, quedou calcinada, tras prender nun montón de ramas, pero non chegou a afectar á casa, pese á gran proximidade.
Tamén afectou, en menor medida e cercanía, a unha eira situada no outro lado da vivenda, que chegou a estar rodeada polas lapas, excepto pola parte de abaixo.
Salvouse pola rápida actuación dos bombeiros e a chegada de helicópteros e avións, e ademais ao cambio de rumbo do vento. “Ao principio facía moito cara a casa e despois cambiou de dirección, levando o lume monte arriba”, explicou a propietaria, sorprendida polo inicio do lume, pese que a finca e o camiño estaban desbrozados e limpos. “Empezou a arder antes a finca que o monte”.
“Agora xa te metes na cama con temor por se arderá ou non”, expresou Flora Ríos. A veciñanza vive atemorizada ante a posibilidade de que se produzan novos lumes que afecten á integridade das súas propiedades e a súa misma.
Bernardino Garrido, veciño da zona, asegura que “non puiden durmir nada en toda a noite”, ante o medo polo último incendio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CASA DE BAÑOS
La okupación en Ourense que el Concello no ve
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Ourense cubre sus seis plazas vacantes en la repesca MIR
Lo último
VIDA OURENSANA
A adaptación do medio como factor da lonxevidade galega
IMPACTA UN DRON CON UNA MOTOCICLETA
Al menos cinco muertos en nuevos ataques israelíes en el sur del Líbano pese a la tregua