O Campus de Ourense pon en marcha un título de Experto en Auga, Termalismo e Saúde
Dende o próximo curso estará dispoñible esta formación especializada en Auga, Termalismo e Saúde en Ourense
A Universidade de Vigo, a través do seu Centro de Posgrao e Formación Permanente e desde a Facultade de Ciencias, porá en marcha o vindeiro curso académico 2025/2026 un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde. Nel ofrécese “unha formación integral sobre os beneficios terapéuticos e cosméticos da auga mineral-medicinal e termal”. A iniciativa realízase ao abeiro do Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense acreditado e financiado pola Xunta de Galicia.
O curso desenvolverase desde principios de setembro ata finais de xuño de 2026, constando de 20 créditos ECTS, con 136 horas de docencia presencial e virtual e 60 horas de prácticas en empresa. As clases presenciais e de laboratorio serán impartidas na Facultade de Ciencias do campus de Ourense e nas visitas a empresas do sector. A formación virtual será a través do Campus Remoto da UVigo. O primeiro período de inscrición xa está aberto para as persoas interesadas.
Este curso de formación permanente, dirixido polas profesoras e investigadoras Mª Inmaculada Franco e María José Pérez, estrutúrase en módulos que abranguen dende os aspectos xeolóxicos e microbiolóxicos da auga ata a súa aplicación no tratamento de diversas patoloxías. Concretamente, un primeiro módulo enfócase no estudo deste recurso introducindo ao alumnado nos conceptos da hidroxeoloxía, a calidade e control microbiolóxico e químico da auga e a lexislación vixente, promovendo a innovación no uso das augas termais. Un segundo bloque céntrase na dermocosmética, no uso da auga termal e na formulación de produtos para o coidado da pel, e un terceiro aborda a identificación de patoloxías tratables con terapias termais, problemas reumáticos, dermatolóxicos, respiratorios e crónicos, así como técnicas de aplicación da auga.
Segundo explican desde a súa organización, o curso de Experto en Auga, Termalismo e Saúde presenta un importante interese académico e profesional, especialmente no contexto do Campus Auga de Ourense, “que se posiciona como referente en Galicia en investigación, educación e desenvolvemento arredor dos recursos hídricos e termais”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Fillos da máquina
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
La princesa ilustrada
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 6 de mayo
DERROTA 1-0
El Atlético dice adiós sin coraje en semifinales