O Campus ten completos o 75% dos graos ofertados
O CURSO COMEZA O 8-S
A cifra de graos que colgaron o cartel de “completo” ascende a 18. Aínda quedan seis graos aínda ofrecen prazas para aqueles estudantes que aínda non decidiron o seu futuro
O Campus de Ourense marchou de vacacións con parte dos seus deberes feitos. Tras cinco chamamentos de matrícula para novos alumnos, a cifra de graos que colgaron o cartel de “completo” ascende a 18. Entre os estudantes que formalizaron a súa inscrición atópanse tanto os que realizaron a Proba de Acceso á Universidade na convocatoria ordinaria, como os que tiveron que facelo na extraordinaria.
Un ano máis Enxeñería Aeroespacial marcou a nota máis alta, cun 12,376, seguido do PARS de Aeronáutica -grao de Aeroespacial + máster de Aeronáutica-, con 12,336. A terceira nota máis elevada é a do grao en Relacións Internacionais (11,458), que sobe o resultado respecto ao curso anterior.
Opcións dispoñibles
Un total de seis graos aínda ofrecen prazas para aqueles estudantes que aínda non decidiron o seu futuro. En caso de decantarse polo Campus de Ourense, poderán matricularse no grao de Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos, Ciencias Ambientais, Enxeñería Agraria, Turismo e as simultaneidades de Turismo e Xeografía e Historia ou Enxeñería Agraria e Ciencias Ambientais.
O 3 de setembro realizarase o seguinte chamamento de matrícula. Será o día 8 dese mesmo mes cando se de inicio a un novo curso académico. Con todo, no caso de que se produzan vacantes nalgunha titulación pechada, a Comisión interuniversitaria de Galicia (CiUG) convocará ao alumnado que lle corresponda segundo as listaxes elaboradas a partir das notas obtidas nas probas de acceso, para que, en caso de desexalo, poidan realizar un cambio de estudos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LUCHA CONTRA EL CÁNCER
David Aramburu, del Campus de Ourense a la vanguardia oncológica de Nueva York
DÍA DE TODOS LOS SANTOS
Galería | Los ourensanos acuden a los cementerios para visitar a sus seres queridos
Lo último