CAMPANA EXTRACTORA
Trasladado al CHUO tras inhalar el humo de un incendio en avenida de Zamora
“Cartas para tu encuentro”
Carmen Gómez (Vilar de Barrio, 1965) escribe dende que é pequena, pero os seus textos sempre foron para ela. Servían de forma de desconexión e para deixar sobre o papel as ideas que pasaban pola súa cabeza. Iso cambiou cando un amigo leu os seus escritos e convenceuna de que eran merecedores de ser lidos por outras persoas. Así naceu o seu primeiro poemario “Cartas para tu encuentro”, que presentará este xoves no Liceo de Ourense a partir das 19,00 horas.
Pregunta. Que imos atopar no poemario?
Respuesta. O interior dunha persoa, aínda que non significa que este falando de mis en todos os poemas. Poucas veces nos abrimos e eu dende longo que neste libro, que é o primeiro, fíxeno. Estou un pouco nerviosa porque é un proceso moi intimista. Hai poemas escritos dende hai anos e outros máis recentes, en galego e castelán.
P. Por que decidiu publicalos agora?
R. Eu escribín dende pequena o que pasa que nunca tiven a intención de publicar. Ademais, a vida lévate por camiños distintos, eu empecei filoloxía, pero agora traballo na administración no Parlamento de Galicia. Porén, un día un amigo decatouse de que escribía e pediume ler os meus poemas. Deixeille os escritos e dixo que eran marabillosos. Así que aquí estou, co meu primeiro libro publicado.
P. Cando lle contou aos seus que ía publicalo, que dixeron?
R. Tardei bastante en dicilo. A miña familia decatouse cando non me quedou máis remedio, porque xa ía facer a presentación e tiña que invitalos, pero custoume moitísimo. Os meus irmáns sabían que escribía, pero pensaban que era así un pouco de andar por casa. Algún quedou totalmente abraiado.
P. Xa con ese poemario nas mans, vese animada para publicar máis?
R. A verdade é que sí. Ademais, creo que agora mesmo é moi necesario o proceso de abrirnos e tratar de entendernos, aínda que da medo de primeiras, é moi reconfortante.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CAMPANA EXTRACTORA
Trasladado al CHUO tras inhalar el humo de un incendio en avenida de Zamora
LUCHA CONTRA EL CÁNCER
David Aramburu, del Campus de Ourense a la vanguardia oncológica de Nueva York
DÍA DE TODOS LOS SANTOS
Galería | Los ourensanos acuden a los cementerios para visitar a sus seres queridos
Lo último