Cartel e artistas do programa do Our Fest 2025
FESTIVAL DE MÚSICA
O festival celebrarase o 27 de setembro e terá nomes como León Benavente
Unha xa consolidada cita musical chega a Ourense no mes de setembro da man do Our Fest. A cuarta edición do festival regresa a Expourense o 27 de setembro, cun cartel con artistas destacados que convirte a cidade das Burgas nun destino musical imprescindible da música independente alternativa. Artistas de contrastada experiencia reunirán na cidade aos amantes da música de toda Galicia, distintas zonas da península e o norte de Portugal, co obxectivo de xerar impacto social e achegarse a un amplo público.
Kruder & Dorfmeister, o dúo vienés que supuxo unha revolución no panorama da música electrónica dos anos noventa; Mercury Rev, que desde Estados Unidos expande os límites do rock e a psicodelia a novos territorios; ou León Benavente, que chegará a Ourense co seu traballo publicado no 2024, no que condensa a súa enerxía a través de temas poderosos, son algúns dos grandes nomes desta cita. Tamén se inclúe no cartel a Viva Belgrado, que terá en Expourense o primeiro escenario da súa xira. Mentres, Dream Nails combinará furia e empatía nun discurso combativo e festivo. As entradas continúan dispoñibles na súa web oficial e no portal Ataquilla a partir de 40 euros.
O evento, da man de Concertos do Xacobeo da Xunta, cumpre a súa cuarta edición, o que confirma á cidade das Burgas como un punto de encontro imprescindible para a música independente alternativa.
En apenas tres edicións, o Our Fest conseguiu atraer públicos de toda Galicia, distintas zonas da Península e o norte de Portugal, xerando impacto cultural e social e ofrecendo experiencias irrepetibles ao achegar artistas de culto que, en moitos casos, visitaban a nosa comunidade por primeira vez
O festival foi presentado onte polo director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, quen subliñou que “en apenas tres edicións, o Our Fest conseguiu atraer públicos de toda Galicia, distintas zonas da Península e o norte de Portugal, xerando impacto cultural e social e ofrecendo experiencias irrepetibles ao achegar artistas de culto que, en moitos casos, visitaban a nosa comunidade por primeira vez”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"ME CONSIDERAN UN MILAGRITO"
Eva, lesionada por cuatro accidente de tráfico en Ourense: “Te ven como un saco de dolores”
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXXIX)
Galería | Los parches de brazo que identifican a policías del mundo
Lo último
OTRO ATAQUE CON UN ARMA
Un muerto y 17 heridos tras un atropello masivo durante la celebración del Orgullo de Berlín
APUESTA POR LA JUVENTUD
La UD Ourense tira del filial y de los juveniles para la pretemporada
Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
Suplicio de Tántalo del labrador: criar carne y no poder comerla
Nuevo desarrollo
Vietnam impulsa un gran resort de golf en sus Tierras Altas