OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas
A SECCIÓN XANELA DO OUFF
O filme “Cine Paraíso, Leiro”, dirixido por Simone G. Saibene, foi presentado este martes na cafetería Ceres dentro de Xanela, a sección do OUFF dedicada a proxectos en desenvolvemento. Este documental, que leva xestándose dende o 2022 e que xa se atopa nas súas últimas fases de rodaxe, xira ao redor do Novocine Leiro. A longametraxe rondará a hora de metraxe e a súa montaxe estará a cargo de Andrea Bouzo.
O filme naceu do encontro entre o director e Ernesto Romero, xerente do histórico cine, a quen coñeceu durante a pandemia. A sala, inaugurada hai máis de corenta anos, é un referente cultural da provincia, chegando mesmo a ser vangarda ao converterse no primeiro cine en 3D de Galicia.
Saibene salientou a importancia de mostrar vidas como a do xerente do cine de Leiro: “Esta é unha historia de resistencia, dun proxeccionista que vive nas sombras pero sen o que non podemos ver películas”.
A historia complétase con numerosas curiosidades, como a colección de gramófonos e obxectos antigos que o propio Romero conserva na súa casa pu un xogo de espellos entre realidade e ficción con “Cinema Paradiso”, o famoso filme de Giuseppe Tornatore. Así créase un paralelismo entre Romero e Totó, o protagonista da obra, chegando incluso a entrevistar ao actor que lle deu vida, Salvatore Cascio. “A diferencia entre ambos é que Totó acabou marchando, pero Romero sempre quedou no seu cine, facendo todo o que puido porque perdure”, indicou Saibene.
O director contou puideron entrar no cine onde Romero tivo o seu primeiro contacto co cinema. “Localizamos o dono actual, que vive na Suíza. Levamos a Ernesto despois de 25 anos, foi un gran momento”.
Saibene falou sobre a rodaxe, do que admite que se lle acabou facendo longa, pero destaca que é precisamente neses momentos onde “o director está farto” cando aparece o máis produtivo para o resultado final. “Pouco ou nada ten que ver a riqueza do material do principio ao de agora”, detallou.
Tamén destacou que o filme nun contexto onde “reinan os documentais de personaxes negativos e asasinos en serie”, aposta por unha historia dunha boa persoa que ama o cinema por enriba de todas as cousas e que leva décadas defendendo a súa continuidade no rural ourensán.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último