4 DE OCTUBRE
La Guardia Civil se pone el chándal por Aspanas
INFRAESTRUCTURAS
A Deputación de Ourense investirá preto de 300.000 euros na estrada provincial que comunica Rairo (OU-0513) coa estrada autonómica do Cumial (OU-105) para a construción de novas beirarrúas e a renovación do firme.
As obras divídense en dúas fases. A primeira delas, xa en marcha, consiste na construción de beirarrúas na zona urbana da estrada provincial, partindo da glorieta situada ao remate da rúa Ramón Puga, xa na nova urbanización de Barrocás, o que redundará nunha maior comodidade dos residentes.
Nunha segunda fase, que se prevé executar a partir do verán, acometerase a renovación do firme nesta estrada provincial. Os traballos afectarán a un tramo de 2,5 quilómetros, consistirán no fresado do aglomerado actual e a reposición do firme.
Ademais, esta mesma semana a xunta de goberno da Deputación aprobou mobilizar 720.560,81 euros dirixidos fundamentalmente á cooperación cos concellos, aos que se destinan un total de 600.560,81 euros para mellora de infraestruturas, servizos e obras que acometerán as respectivas administracións locais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
DE NUEVO, LOCALES
El Ribeiro repite en casa ante el Novás
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Morrer antes de caer
RECHAZO A LA FUSIÓN
Vecinos de Carballeda de Avia llevan su “no a la fusión” al pleno
Alfredo Conde
A TRIRITA
Os donos dos ríos e os ladróns das augas