DERECHOS DEL CONSUMIDOR
Día Mundial del Consumidor: cómo reclamar, garantías y cuáles son los fraudes más comunes
O Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso chega este ano a XVIII edición. Esta cita terá lugar do 9 ao 18 de maio, en cinco espazos diferentes da provincia, cunha carteleira de concertos e actividades formativas que achegarán ata Ourense a músicos de España, Portugal, Italia e Australia.
O primeiro concerto correrá a cargo do prestixioso cuarteto vocal valenciano Qvinta Essençia, na igrexa de Santiago das Caldas, o 9 de maio a partir das 20,30 horas. Dous días despois, o domingo 11, Pórtico do Paraíso traslada o seu escenario ao Pazo de Vilamarín, que se incorpora á listaxe de localizacións patrimoniais desta cita para ofrecerlle ao público un suxestivo marco onde gozar da voz da especialista italiana Irene Brigitte acompañada na corda pulsada polo experimentado laudista portugués Pedro Martins.
O 13 de maio, ás 10,00 e ás 12,00 horas, está programada a actividade “Música y memes”, no Teatro Principal de Ourense. O trío galego formado por Antón Seijas (clarinete), Diego Segade (viola) e Andrea Vilar (piano) ofrecerá un concerto didáctico, dirixido principalmente ao estudantado. Cunha aplicación, en tempo real e a través dos seus móbiles, a rapazada poderá participar e tomar decisións activas sobre o que sucede no escenario.
A premiada guitarrista australiana Stephanie Jones, que desenvolve cada ano unha intensa actividade concertística en Centroeuropa, Asia e EEUU, ofrecerá o xoves 15 no Liceo de Ourense o seu primeiro concerto en España. Finalmente, a formación Spanish Brass, Premio Nacional de Música 2020, será a responsable do concerto de clausura o domingo 18 de maio no refectorio do mosteiro de Oseira. O mítico quinteto de metais valenciano, de prestixio internacional, volve a Pórtico do Paraíso nove anos despois cun programa que conmemora o seu 35º aniversario. As entradas poden adquirirse tanto online, a través de porticodoparaiso.com, como de maneira presencial, en Musical González ou no Liceo de Ourense.
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, o vicepresidente segundo do organismo provincial, César Fernández Gil, e o presidente de Pórtico Musical e director artístico do festival, Juan Enrique Miguéns, participaron na presentación deste festival. “Vemos esta descentralización do festival e a súa posta en valor de espazos patrimoniais como un gran acerto deste encontro, que conta co selo de calidade que concede a Asociación de Festivais Europeos”, expresou Sutil. Mentres, Fernández destacou a “simbiose máxica” que consegue este ciclo, “que converte a Ourense nun lugar único e referente no ámbito musical”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DERECHOS DEL CONSUMIDOR
Día Mundial del Consumidor: cómo reclamar, garantías y cuáles son los fraudes más comunes
CAOS DE CIRCULACIÓN
La disponibilidad de abonos en párquines de pago escasea en Ourense
"UNA O DOS SEMANAS MÁS"
La empresa que reformaba la avenida de Portugal retira la maquinaria
Lo último
AYUDAS EN LA CANTABRIA EXTERIOR
Ya se pueden solicitar las ayudas para la remodelación y equipamiento de las Casas de Cantabria en el exterior