ACTO DE CELEBRACIÓN
30 años de “impecable” labor del Consello Social de la UVigo
PRAZA MAIOR E AUDITORIO
Un total de 1.100 rapaces de toda a provincia déronse cita onte en Ourense para participar no Correlingua 2026. A praza Maior e a rúa do Paseo foron o escenario de diversas actividades lúdicas onde os estudantes luciron pancartas co lema “Co galego no corazón facemos revolución”. O obxectivo desta edición é claro: aumentar o número de galegofalantes entre os menores de idade.
A gala central no Auditorio estivo conducida pola actriz Isabel Risco. Alí, o alumnado do IES Otero Pedrayo e do CEIP Folla Respino (de Vilamartín de Valdeorras) leron os seus manifestos en defensa da lingua. A música puxo o broche de ouro coa Mekánica Rolling Band, que compartiu escenario coas versións musicais de alumnos do CEIP O Couto e as Pandeireteiras Loureiro.
Esta iniciativa, que naceu en 2001, cumpre un cuarto de século sendo máis necesaria ca nunca para poñer o idioma no foco e frear o avance do castelán en Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACTO DE CELEBRACIÓN
30 años de “impecable” labor del Consello Social de la UVigo
PROYECTO INTERNACIONAL
Los embalses de Ourense se reformulan como recurso turístico
Lo último
"USO RESPONSABLE"
A Gudiña y O Riós restringen el consumo vecinal del agua
DENOMINACIÓN DE ORIGEN
Los vinos ourensanos siguen sumando medallas
PROYECCIONES DE POBLACIÓN
Un cuarto de la población de Ourense será extranjera en el 2041