PRIMER SEMESTRE DE 2027
Urgencias del CHUO seguirá en crisis hasta 2027
CERTAME
Galiciencia, a maior feira científica da nosa comunidade, celebra este ano o seu 20 aniversario. Promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde o 2006, busca achegar a ciencia á sociedade, en particular ao estudantado de Primaria, Educación Especial, Secundaria, FP e Bacharelato. O encontro desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía e Industria e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología dependiente do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
Ademais do concurso de proxectos, convócase para este ano o concurso de deseño da camiseta oficial de Galiciencia 2025, que terá lugar en maio. Este certame diríxese a todo o alumnado de Primaria dos centros educativos de Galicia. As propostas deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática desta edición da feira, “Neurociencia e saúde mental”. O prazo para presentalas xa está aberto e remata o vindeiro 17 de marzo. Os alumnos e alumnas que desexen participar deberán enviar un correo electrónico cos seus deseños escaneados a galiciencia@tecnopole.gal. Tamén se poden presentar os orixinais na recepción de Tecnópole.
Un xurado de expertos decidirá a proposta gañadora, que se fará pública a través da páxina web e das redes sociais de Galiciencia. O premiado recibirá camisetas para toda a súa clase de Primaria, con exemplares tamén para os seus docentes e familiares. Así mesmo, distribuiranse camisetas entre o persoal da organización e entre o alumnado que expoña os seus proxectos na feira
O certame propón aos estudantes explorar o funcionamento do cerebro humano e comprender fenómenos como a reacción do corpo ante a calor e o benestar xerado pola actividade física. Desta forma, o feira científica quere destacar a importancia da neurociencia para mellorar a saúde mental
Ademais do concurso de proxectos, convócase o desafío científico “Atrévete coa mente!”, dirixido a estudantes de 4º de Primaria a Bacharelato de toda Galicia. Poderán participar pequenos grupos de dous ou tres integrantes, a ser posible mixtos, de entre 10 e 18 anos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRIMER SEMESTRE DE 2027
Urgencias del CHUO seguirá en crisis hasta 2027
LEMBRANZAS
Mercería La Violeta
Lo último
AQUIS QUERQUENNIS
Visita teatralizada al campamento Aquis Querquennis
+DEPORTE
Zumba al aire libre en Verín
TRASLADO AL CHUO
Rescatan a una mujer herida tras caer al río en Allariz