Investigadores da UVigo e da USC tentan predicir a expansión das velutinas
ANALIZAR ESTRATEXIAS DE CONTROL
Un equipo de investigadores das universidades de Vigo e Santiago de Compostela desenvolveu un modelo matemático e un software para predicir a expansión da avespa velutina e analizar estratexias de control desta especie invasora.
Un equipo de investigadores das universidades de Vigo e de Santiago de Compostela desenvolveron un modelo matemático e un software que predín a expansión da avespa velutina e que permiten analizar distintas estratexias de control desta especie invasora.
Os responsables deste estudo son Iván Area, membro do Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais e da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do Campus de Ourense; e Francisco J. Fernández, Juan J. Nieto e Adrián F. Tojo, do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia e da Universidade de Santiago de Compostela.
“Utilizando ferramentas matemáticas de recente desenvolvemento teórico, empregamos datos sobre a localización de niños para predicir a localización de futuros niños, comparando o modelo matemático con datos reais”, explican os autores do estudo. Deste xeito, detallan, “é posible analizar distintas estratexias de control que poidan permitir frear a expansión desta especie, con grandes consecuencias tanto ecolóxicas como a nivel económico”.
Deste xeito, ao tratarse dunha especie cun ciclo vital con diferentes estados, formulouse no estudo realizado un problema parabólico con derivadas de Stieltjes, “que xustamente permite analizar desde o punto de vista matemático este tipo de situacións”. O equipo investigador explica que “a complexidade dos desenvolvementos teóricos e a maior dificultade das simulacións numéricas foron posibles grazas a traballos previos en modelización de epidemias, como o ébola, o zika ou máis recentemente a pandemia da covid-19”.
Igualmente, a idea proposta neste traballo xa foi aplicada previamente polos autores deste traballo durante a pandemia da covid-19, onde, ademais de predicir a pandemia, tamén estimaban o número de camas de UCI necesarias. Segundo explica o equipo investigador, “a vantaxe de contar cun modelo que se poida simular e actualizar en tempo real, como un verdadeiro xemelgo dixital, para mellorar o propio modelo de expansión, é fundamental á hora de realizar simulacións para analizar onde, cando e como mellor aplicar diferentes estratexias de control para minimizar a propagación desta especie invasora”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
OPERACIÓN EMPRESARIAL BAJO LUPA
La empresa del novio de Ayuso facturó 4,4 millones a Quirón entre 2021 y 2023, según un informe de la UCO
RECOMENDACIONES PARA LOS VIAJEROS
Cambian los horarios de trenes en A Coruña desde el 11 de julio por las obras de la nueva estación
PRESIÓN EN VIVIENDA PROTEGIDA
Gráfico | La compraventa de viviendas cae un 1,8% en abril y suma cuatro meses de bajadas
IRREGULARIDADES CON FONDOS DE LA UE
Nueva investigación en el caso Begoña Gómez: el juez Peinado amplía la causa con dos posibles delitos