Juzgado por robar, redimido por curar
Breixo, de reincidente por la heroína a monitor terapéutico que ayuda a otros a desengancharse en Ourense
GRAN CELEBRACIÓN
Chegou o día. A cidade de Ourense celebrou a súa tradicional Festa dos Maios, declarada de Interese Turístico en Galicia. Aínda que a choiva obrigou a trasladar as actividades á Praza Maior e a levar paraugas, os ourensáns desfrutaron un ano máis desta tradición. Pequenos e maiores levaran semanas preparando todo o necesario para esta data, pero non foi ata onte pola tarde cando deixaron listas as súas construcións. “Nos maios hai que traballar ata o último instante”, asegurou Mónica, unha das moitas persoas que hoxe exhibiron os seus traballos.
Aínda que a maioría dos maios solían ser pirámides, como era tradicional, tamén houbo outros nos que as agrupacións, grupos de amigos ou colexios deixaron voar a súa imaxe e creatividade para levar a cabo figuras que non deixaron indiferente a ninguén. Con musgo, xestas e carrabouxos foron capaces de crear réplicas de elementos típicos da historia ourensá -é o caso de Amencer, que este ano fixo unha roda de afiador-. Tamén houbo quen optou por crear figuras de personaxes -o caso da residencia San José de Rairo, onde intentaron facer un maio que reflectise a súa esencia-. “Hai que ser orixinais, é bonito ver as ideas novas que xorden cada ano”, asegurou Pilar Gómez, monitora sociocultural da residencia.
No que se refire ás coplas, houbo que afinar ben o oído para escoitar os temas elixidos ese ano. Todos estaban desexando vendelas. Para que os posibles compradores non tivesen dúbida a hora de mercalas, os autores destas composicións esforzáronse ao máximo para relatar o que aconteceu ese ano mesturando crítica e burla. “Falaremos do Trump, do hospital e doutras cousas que marcaron os últimos meses”, repasou Nuno, o encargado de vender as coplas na Agrupación Cultural Auriense. “O apagón non está incluído, porque foi no último momento e aínda non sabemos que pasou”, sinalou. Neste senso, os maios incluíron temas locais, pero tamén internacionais, xa que aínda que se tratase dunha festa tradicional, “sempre hai que expandir fronteiras”.
A celebración dos Maios ten premio para os lectores e subscritores de La Región. Dende hoxe -día 4 de maio- e ata o 9 ás 12:00 horas, calquera que envíe o seu texto de coplas e vídeo da mesma, poderá levar un dos tres premios que se entregarán ás mellores creacións: un televisor de 65 pulgadas, unha cesta de produtos Coren valorada en 350 euros ou unha estancia no Balneario de Mondariz por unha fin de semana para dúas persoas. Os interesados deberán cubrir o formulario en pressclub.laregion.es/concursos ou enviar a súa candidatura a concurso@laregion.es, cos datos persoais requiridos nas bases deste concurso.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Juzgado por robar, redimido por curar
Breixo, de reincidente por la heroína a monitor terapéutico que ayuda a otros a desengancharse en Ourense
JUNTA DE SEGURIDAD
La ciudad de Ourense cuenta con 178 casos activos en el Sistema VioGén
agilizar los trámites
El Concello de Ourense calificará de “emergencia” las obras del socavón de Pena Trevinca
Lo último
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este jueves, 5 de febrero, en Ourense
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Jueves, 5 de febrero
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Café con Amancio Ortega en Zara