SABOR A TRADICIÓN
Galería | Las rosquillas protagonizan la fiesta de San Lázaro
76 PEIXERÍAS
A provincia de Ourense acolleu cos brazos abertos o programa Bono Peixe, impulsado pola Xunta de Galicia para promover o consumo de produtos pesqueiros frescos. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou este mércores unha das peixerías ourensás adheridas, no Eroski Center da estrada de Seixalbo, na cidade, subliñando o éxito inicial da iniciativa.
Desde o seu comezo o pasado luns, a provincia de Ourense xa rexistra máis de 7.000 descargas do Bono Peixe e conta con 74 establecementos adheridos, o que amosa o interese espertado entre a cidadanía e o sector.
Marta Villaverde, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, animou a participar activamente nesta iniciativa autonómica, dirixida tanto a comerciantes como a consumidores, e destacou que esta medida, cunha vixencia de 10 semanas, suporá a mobilización de 2,5 millóns de euros por parte do Goberno galego.
Lembrou, ademais, o funcionamento destes bonos por valor de 50 euros, dispoñibles no portal www.bonopeixe.gal, que permiten descontos do 25% nas compras de peixe e marisco fresco, cun máximo de 5 euros semanais e a posibilidade de acumular saldo ata 25 euros.
A titular de Mar enxalzou a calidade e o sabor dos produtos pesqueiros galegos, así como os seus importantes beneficios nutricionais e para a saúde dentro dunha dieta equilibrada.
Villaverde tamén destacou na visita a Ourense que incluír estes alimentos na cesta da compra supón “un apoio directo a un sector estratéxico” para a comunidade cunha facturación anual de 11.600 millóns de euros e un efecto multiplicador na xeración de emprego, “ xa que cada traballador no mar supón sete postos de traballo en terra”.
A conselleira do Mar aproveitou a visita para poñer en valor a implicación do Goberno galego no desenvolvemento de medidas específicas para impulsar o consumo dos produtos do mar. Mencionou campañas como “Galicia Sabe Amar”, o apoio á presenza do peixe e marisco galegos en feiras nacionais e internacionais, e iniciativas de promoción en colaboración con entidades sectoriais ás que se destinan 1,4 millóns de euros.
Este traballo, segundo Villaverde, contrasta coa “falta de compromiso” do Goberno central, a quen instou a rectificar a súa postura, aplicar a rebaixa do IVE a estes alimentos “esenciais”, tal e como demanda a Xunta e o propio sector, citando exemplos como Portugal. Ademais, solicitou ao Executivo central que replique as medidas autonómicas de promoción.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SABOR A TRADICIÓN
Galería | Las rosquillas protagonizan la fiesta de San Lázaro
CAMBIOS EN LA MOVILIDAD
Cortes de tráfico en Ourense por la Fiesta de San Lázaro y las madamitas
Lo último