INVESTIGACIÓN JUDICIAL
La jueza prorroga la instrucción del fuego que arrasó Oímbra
Pregunta. Ourense Mellor, Movemento Sumar Galicia, Verdes Equo e Recortes Cero. Como chega Manuel Carracedo a liderar ese proxecto?
Respuesta. É bastante sinxelo. Para comezar é un proxecto que aínda non está pechado, de momento son catro os partidos que converxen nesta coalición e esperamos que algún máis se poida unir como, por exemplo, Esquerda Unida. Ten as portas abertas e calquera outra forza de esquerdas que estea interesada tamén. As eleccións serán en maio de 2027 e temos tempo de seguir sumando forzas de esquerdas que estean interesadas en unirse a nós.
P. Vostede non milita en ningún partido agora mesmo…
R. Non, eu fun militante do Partido Socialista durante 24 anos e en maio de 2025 fun convidado por Álvaro Vila a entrar na executiva provincial. Entrei, como secretario provincial de economía e emprego, e despois de 14 meses presentei a miña dimisión porque vin como funcionan, vin dende dentro o que non coñecía, que é como funcionan os partidos políticos. Non me refiro só ao PSOE, refírome ao PSOE, ao PP, ao BNG, como funcionan en xeral todos os partidos políticos, e eu nese ambiente non me sentía cómodo.
P. E entón chegou a proposta de Ourense Mellor?
R. Si. Apareceu Ourense Mellor, dirixíronse a min e dixéronme se estaría interesado en encabezar a candidatura para a alcaldía de Ourense por unha coalición de esquerdas, e penseino, non moito, a verdade, e dixen que si. E aquí estamos, para ofrecerlle á cidade unha alternativa de esquerda e unha alternativa distinta ao que temos sempre que é Democracia Ourensana, PP, BNG e PSOE. Tendo en conta que Democracia Ourensana e PP son outra coalición, pois ao final quédannos tres opcións, o único que imos poñer aquí enriba da mesa é unha cuarta opción.
P. E cre que ten posibilidades esa cuarta opción de chegar ao concello?
R. Todas. A nosa idea non é sacar un concelleiro, non é sacar dous concelleiros, non é sacar tres concelleiros, a nosa idea é chegar a acadar a alcaldía de Ourense. O meu interese é baleirar o Concello, temos a 27 persoas que polo que vemos día a día son incapaces de facer nada polo ben da cidade, son incapaces de poñerse de acordo en absolutamente nada, son incapaces de tratarse con respecto, son incapaces de ser educados. Eu quero fuxir dese tipo de política de enfrontamento e de insulto.
P. Estaría disposto, se non acada a maioría necesaria para ser alcalde de Ourense, a propiciar que outra persoa sexa alcalde?
R. Non barallo esa posibilidade. Se chega ese momento pois haberá que falar.
P. Habería liñas vermellas marcadas que non se cruzan?
R. Ben, como Vox non está no Concello, pois non habería liñas vermellas marcadas. Afortunadamente non está en Ourense nin en Galicia e fago un chamamento desde aquí aos ourensáns e ás ourensás que sigan mantendo esa intelixencia que temos de non ter representantes da ultradereita no noso Concello.
P. Vostede vén do mundo da empresa. Durante moitos anos traballou no buque insignia do tecido empresarial ourensán, en Coren, iso avala tamén un coñecemento da realidade socioeconómica da provincia?
R. Si, eu penso que o problema da política hoxe é que a maioría dos políticos que están en política se dedican a ser profesionais dela e a maioría deles nunca estiveron na rúa, no sentido de que nunca tiveron un posto de traballo nunha empresa, nunca foron autónomos... Eu penso que son unha persoa que sempre estivo nas rúas, sempre estiven vinculado ao mundo da empresa, sempre estiven vinculado ao mundo da universidade, sempre estiven vinculado á realidade de Ourense. Entón ao estar vinculado á realidade de Ourense, escoitas á xente polas rúas o que di, e sen ningunha dúbida é necesario un cambio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INVESTIGACIÓN JUDICIAL
La jueza prorroga la instrucción del fuego que arrasó Oímbra
CARGOS DE LIBRE DESIGNACIÓN
El TSXG tumba la designación del subdelegado del Gobierno de Ourense
Lo último