DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo, 21 de diciembre
Actriz, directora e docente na ESADg
Mariana Carballal (Monterrei, 1962) é unha das principais actrices do panorama audiovisual e das artes escénicas en Galicia. Participou en series como Mareas Vivas, Pratos combinados ou Fariña, máis recentemente. O vindeiro venres, día 16 de maio, presentará no Teatro Principal “Manuela Rey is in da house”, unha coprodución entre Galicia e Portugal, na que a propia historia desta ourensá ten parte de protagonismo.
Pregunta.Pode facernos unha breve sinopse da obra? Sen desvelar nada, por suposto…
Respuesta.En “Manuela Rey is in da house” contamos a historia de Manuela, unha nena nacida nunha aldea de Mondoñedo, que se descoñece a súa infancia, pero acabou sendo a primeira actriz do primeiro elenco estable do Teatro Dona María II de Lisboa. Todo isto situado no século XIX, xa que a rapaza nace en 1842 e morre no 1865, con 23 años.
P.Cal é a intención da historia?
R.Descubrir quen era esta muller, evidentemente invisibilizada e descoñecida. Coa pouca documentación que existe sobre ela, construímos sobre o escenario un percorrido pola vida de Manuela ata a súa morte en Lisboa.
P.Considera que é unha historia na que moitas persoas se van poder ver reflectidas?
R.Sen dúbida. Tantas mulleres e tantas persoas en xeral, sobre todo nun espazo xeográfico coma o de Galicia, tivemos que marchar dos nosos lugares para poder realizarnos noutros espazos, para recibir formación, para traballar, para sacar adiante as súas familias, etc. Esta é a realidade da migración e aquí, en Galicia, aféctanos directamente.
P.Como ven apunta, vostede tamén tivo que marchar para facer a súa carreira. Síntese identificada con Manuela?
R.Si, de feito o director, Fran Núñez, quixo xerar certo paralelismo entre a historia de Manuela e a miña nalgúns momentos da obra. Eu nacín na parroquia de Albarellos, en Monterrei. No momento no que se despertan en min certas inquietudes artísticas, non había nada ao meu arredor, ningún lugar ao que puidese acudir en Galicia, polo que tiven que marchar a Madrid. Fun atrevida, creo. Iso determina dalgún xeito a túa vida.
P.Foi unha das primeiras mulleres directoras en Galicia, dirixindo primeiro Libro de Familia e despois outras producións, que supuxo para vostede?
R.Naquel momento foi toda unha sorpresa. Supuxo un cambio radical na miña vida. Custoume un pouco que confiaran e creerán en min, non tanto os actores, se non o equipo técnico. Pero por sorte o panorama cambiou dende aquel momento a hoxe. É necesario contar historias dende os nosos puntos de vista.
P.Agora é vostede mestra na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia, que supón poder ofrecer a posibilidade de formarse aquí?
R.Creo que é un regalo a oportunidade que se lle brinda ás xeracións actuais de poder estudar aquí, sen ter que pensar en irse a Madrid. Pódeno facer despois, pero iso sempre supón, a nivel económico, un gasto, un risco e un compromiso das familias. Nunha profesión na que non sempre te apoian. Decidir ser actriz ou actor, non é o que máis lles gusta as nosas familias. En principio van pensar que non imos poder vivir disto, que é algo relacionado co azar, que depende do talento e cousas así.
P.Como persoa que conseguiu vivir deste sector. Que lle diría a esas familias que aínda miran con medo á profesión?
R.Eu podo dicir que co tempo, en todos os aspectos da vida e en todas as profesións, hai unha parte de sorte. Porén, a maioría das persoas conseguen ter relevancia no seu traballo ou logran traballar porque aman ese oficio, porque loitan por el, independentemente da sorte. A profesión de actor ou de actriz é igual que as demais. As conversacións pexorativas que podían existir en 1979, cando eu me fun a Madrid, non desapareceron de todo, pero creo que hoxe as familias entenden máis que os seus fillos queiran dedicarse a unha profesión artística e que dende o escenario tamén se poden facer grandes cousas.
P.Relacionado coa situación actual, considera que as artes escénicas e o audiovisual galego están a vivir un dos seus mellores momentos?
R.Bueno, nós temos unha historia. Nas artes escénicas é máis longa, porque temos que remontarnos a Ribadavia, aló polos anos 70, cando xorde o teatro e empeza a profesionalizarse. Pero eu creo que si que temos que estar contentos e saber que o que estamos facendo é importante porque ten recoñecemento e permite a moita xente gente vivir disto. Tanto no teatro como no audiovisual conseguíronse grandes fitos. Non sei se vivimos no mellor momento, porque teño que comparalo co que eu coñezo, pero si que creo que é un dos mellores. Galicia é un gran plató no que se fan moitas producións e se crea traballo. O único que lamento é que, así como a Televisión de Galicia foi un motor para o xurdimento e para o reflorecemento do audiovisual galego con períodos nos que se producían sete ou oito series ao ano, agora iso perdeuse e apóstase pola produción externa.
P.Dentro desas producións que veñen agora a facer en Galicia, considera que se cae demasiado nos estereotipos á hora de escoller historia?
R.Eu creo que cando as producións son externas o que queren contar é aquilo do que máis oíron falar. Por outro lado, nos dentro da nosa propia realidade contamos relatos que cremos que poden funcionar, imitando aqueles que vimos durante moito tempo. Por iso tamén é importante que as mulleres empezásemos a contar historias, porque contamos outro tipo de historias. Non quere dicir que non poidamos facer series de acción ou pelis de acción. Que tamén. Pero se se cadra o noso interese non se centra tanto en iso.
P.De cara ao futuro, cal considera que debe ser a chave para manter o bo estado de forma?
R.Eu loitaría por reivindicaría e fortalecer a nosa diferencia. O que nos fixo grandes a nós no panorama audiovisual nacional foi o noso idioma. De traballar en galego xurdiron moitos dos mellores actores e actrices que enchen hoxe o panorama nacional. No teatro tamén hai un momento de creación importante, sobre todo arredor das mulleres creadoras. Hai moitos compañeiros moi grandes, pero sobre todo son as mulleres que agora moven a creación teatral.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo, 21 de diciembre
Lo último
Víctor González
Principios y títulos
PROYECTO EDUCATIVO
El colegio de O Irixo saca las clases a la calle
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Ositos