SIN INDICIOS DE INFRACCIÓN
La Xunta archiva la denuncia de Jácome contra el interventor
ENTREVISTA
Nuno Pico (Burela, 1995) fíxose un nome na música galega como a gran cabeza visible de Grande Amore. Pero antes diso, existiu Oh! Ayatollah, unha banda de culto que parecía condenada ao esquecemento. Agora, a formación renace das cinzas con outro nome, Portosanto, e cun novo disco debaixo do brazo.
Pregunta. Como nace Portosanto?
Respuesta. Un pouco da necesidade de cambiar cousas. Dende 2016 tocamos xuntos as mesmas cancións ata a pandemia. Sentiamos que había que renovar, cambiar o nome e facer temas novos.
P. E como é volver xuntarse despois de tantos anos?
R. É volver tocar cos meus amigos. O máis complicado foi cambiar o chip á hora de compoñer. Antes había moitas letras de angustia universitaria e de primeiras relación. Agora iso xa queda lonxe, teño trinta e un anos. Pasou o tempo e todos cambiamos.
P. O anuncio desta volta viviuse moito en redes. Case parecía o regreso de Oasis!
R. A ver! (Ri). Non somos un grupo que escoite moitísima xente, nin moito menos, pero si que é certo que a xente que conecta co grupo faino con bastante paixón. Non é unha maioría, pero si unha minoría moi intensa. Hai xente que viviu aquilo con moito cariño, moi vinculada tamén á súa etapa universitaria.
P. Esta nostalxia xoga a favor do proxecto?
R. Non o sei, porque tampouco xogamos moito con iso. De feito, somos bastante de pegarnos tiros nos pés. Cambiamos o nome e tocamos poucas cancións de ante. Poderiamos tirar máis por aí, pero tamén o que nos motiva é facer algo distinto.
P. A nivel musical hai cambios claros, sona bastante a The Strokes.
R. Sempre houbo algo diso, pero agora nótase máis. Xoel é probablemente a persoa máis fan dos Strokes do mundo, moito máis que os propios Strokes! (ri), e iso nótase. Antes tirabamos máis cara algo máis experimental, agora é diferente. Con 30 anos tes máis claro o que queres facer que con 20.
P. En que punto estades como banda?
R. Somos cinco persoas con vidas moi diferentes. O feito de seguir estando xuntos xa é unha anomalía. O simple feito de tocar xa ten moito valor de por si.
P. Como mudou a súa relación coa música co paso dos anos?
R. Cando tes 20 anos hai unha necesidade de demostrar cousas, de validación, tanto de fóra como de ti mesmo a través dos demais. Agora iso relaxouse. Dende que vivo da música, a miña realidade non cambiou tanto. Tocar moito e gravar cousas novas todo o rato.
P. Como foi a convivencia ao volver traballar xuntos?
R. É un pouco como reunirse coa familia en Nadal. Os dous primeiros días todo son todo risas, pero despois xa cada un necesita o seu espazo. Querémonos moito, pero chega a un punto onde xa non vexo o momento de estar só na miña habitación da casa.
P. Portosanto é unha aproximación máis calmada que os teus outros proxectos?
R. Si. Temos claro que nunca seremos profesionalmente unha banda masiva con Portosanto, salvo que ao final sexamos Oasis de verdade (ri). Entón afrontámolo desde outro lugar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIN INDICIOS DE INFRACCIÓN
La Xunta archiva la denuncia de Jácome contra el interventor
TRIBUNAL DEL JURADO
La Fiscalía acusará a Jácome de prevaricar con su sueldo de alcalde
Lo último
EMPRENDEDORES EN EL CAMINO
La Xunta impulsa en Allariz un encuentro entre emprendedores e inversores dentro del The Way Startup Summit