O OUFF propón un enfoque social na inauguración do seu 30 aniversario

GALA DE INAUGURACIÓN

O Auditorio Municipal de Ourense acolleu unha gala de apertura emotiva e comprometida coas figuras do audiovisual galego

El Auditorio acogió ayer la gala de inauguración de la 30 edición del Ourense Film Festival, una gala llena de humor, música y reivindicaciones culturales, que da paso a una intensa semana con el cine como protagonista. En la imagen, Ruth Gabriel, Iván Iglesias y Javier Veiga
El Auditorio acogió ayer la gala de inauguración de la 30 edición del Ourense Film Festival, una gala llena de humor, música y reivindicaciones culturales, que da paso a una intensa semana con el cine como protagonista. En la imagen, Ruth Gabriel, Iván Iglesias y Javier Veiga | La Región

Luces, cámara e… acción! A 30ª edición do Ourense Film Festival (OUFF) empezou onte a súa rodaxe particular. Un Auditorio Municipal ateigado de asistentes actuou como telón de fondo dunha gala de inauguración que combinou emoción, humor, música e reivindicación cultural.

Á última hora da tarde, a alfombra verde despregouse para recibir a caras recoñecidas do panorama audiovisual e tamén da cidade. Ninguén quixo perder a oportunidade de desfrutar dunha tarde-noite máxica. Xa nas butacas, a gala comezou cunha cálida benvida por parte dos condutores, que alternaron galego e castelán nun diálogo áxil e cómplice. Ruth Gabriel, gañadora do Goya á Mellor Actriz Revelación polo filme “Días contados”, expresou o seu entusiasmo por participar nesta edición tan especial, mentres que Iván Iglesias reivindicou o papel pioneiro do OUFF como primeiro certame internacional competitivo de Galicia.

Ruth Gabriel, gañadora do Goya á Mellor Actriz Revelación polo filme “Días contados”, presentou a gala

Non houbo tarta de cumpreanos para festexar os 30 anos de audiovisual, pero os desexos quedaron claros: seguir crecendo para poder consolidarse como cita de referencia internacional.

Óscar Doviso expresou a súa honra por asumir por primeira vez a dirección artística do OUFF, destacando que esta 30ª edición chega como “un soño feito realidade”. “O OUFF aposta polo cinema, por ser unha ferramenta de reflexión, que mira cara a sociedade e non só cara á pantalla”, destacou Doviso, que aproveitando a mirada social do festival quixo facer mención á necesidade de rematar co xenocidio de Gaza.

Recoñecementos de honra

O primeiro momento destacado da noite chegou coa entrega do Premio Chano Piñeiro. O elixido este ano foi o compositor galego José Manuel Cancela, gañador de cinco Emmys e autor da banda sonora oficial desta edición. Recibiu o galardón da man de John Axiom, músico e DJ ourensán que realizará unha versión remix do tema que se fixo para o OUFF. Durante a gala, o público puido escoitar un adianto deste OUFF Theme, que será interpretado na súa totalidade o domingo pola Xove Orquestra Ourensanía nunha posta en escena memorable.

Durante a Gala entregáronse os premios do festival a Javier Veiga, Charo Pena e José Manuel Cancela

O segundo galardón de onte foi o Premio Honorífico de AISGE, que recoñece a traxectoria de intérpretes galegos e que foi entregado pola delegada da Fundación en Galicia, Isabel Blanco. Charo Pena subiu ó escenario emocionada a recoller este premio que honra a súa traxectoria como actriz e directora de dobraxe.

Gran parte dos asistentes quedaron abraiados ao descubrir que a galardoada era a que facía a voz da nai de Shin Chan ou Meryl Streep, entre unha longa lista de iconos audiovisuais falasen tamén en galego. “Manter vivo o idioma” é a razón de ser de Charo Pena. “Aprendín que a dobraxe posibilita que se poidan escoitar en galego todas as historias”, sinalou.

A música tomou o escenario da man de Bebe e Pablo Novoa, que ofreceron unha actuación sorpresa que puxo o broche artístico á cerimonia. A gala deu paso ao visionado de “Playa de Lobos”, de Javier Veiga, a primera das 164 proxeccións incluidas na programación do OUFF, entre as que destacan esteras mundiais, cinema galego de primeiro nivel e películas con toque social.

José Manuel Cancela
José Manuel Cancela | La Región
“Hai un toque da terriña na obra para recordar as miñas raíces”

José Manuel Cancela foi o galardoado co premio Chano Piñeiro 2025.

O Ourense Film Festival entregou, na súa trixésima edición, o premio Chano Piñeiro 2025 en honra a súa traxectoria a José Manuel Cancela, compositor musical especializado na creación de bandas sonoras. Ao longo do seu camiño profesional, no cal conseguiu ata 5 premios Emmy traballou con estrelas do mundo artístico como Celia Cruz, Jennifer López, Marc Anthony, Janet Jackson, U2 ou os Backstreet Boys.

Nesta edición, foi o encargado de escribir o tema musical principal deste certame. “O obxectivo era crear unha peza de música que fora realmente un escudo do que é a música cinematográfica, cunha orquestra, cunha melodía identificable ao momento e que trouxera a nostalxia e ilusión que tivemos ao ver películas que foron referentes”, afirmou Cancela.

Charo Pena, actriz de doblaje
Charo Pena, actriz de doblaje | La Región
“Se hai futuro para o idioma, haberá futuro para a dobraxe”

Charo Pena recibiu o premio honorífico Aisge.

Charo Pena, destacada actriz de dobraxe galega, recibe nesta edición do festival cinematográfico o galardón Honorífico da Fundación AISGE. Ao longo da súa carreira, foi a encargada de pór voz a centos de actrices como Vivien Leigh, Meryl Streep, Jane Fonda, Susan Sarandon ou Sharon Stone. “Non hai nada máis importante á hora de dobrar que saber reinterpretar”, asegurou Pena. Ademais, estivo a cargo de numerosas dobraxes no papel de directora, como no caso de Drácula, A lista de Schindler ou a saga de Harry Potter. O labor de dobraxe de filmes tivo que enfrontarse e superar numerosos obstáculos, que se foron interpondo entre os expertos do sector e á profesión. “Tamén é un recoñecemento para todo o traballo dos meus compañeiros. Non sempre foi doado”, recordou Charo Pena.

Javier Veiga, director de cine
Javier Veiga, director de cine | La Región
“Creo que o humor é unha maneira de chegar ao público”

Javier Veiga é o director Playa de lobos”, que inaugurou o festival.

Hai un par de anos, Javier Veiga rodou en Ourense a súa ópera prima como director. Onte “pechou un círculo” ao presentar o seu novo filme, “Playa de Lobos”, durante a gala de inauguración do OUFF.

O público presente quedou fascinado con este “thriller psicolóxico con moito humor”, así o define o propio cineasta. O filme está protagonizado por Guillermo Francella, fenómeno de masas en Arxentina, e Dani Rovira, “dous maestros do humor natural e pouco forzado”, así os retrata o director Javier Veiga. Neste filme combínase a cotidianidade co humor do día a día.

O próximo 5 de decembro estrearase en salas, e chegará tamén a Arxentina no mes de xaneiro. A obra ten como escenario Tenerife, pero ten presente o “toque galego” en aspectos como a propia retranca que caracteriza Galicia.

Contenido patrocinado

stats