SABOR A TRADICIÓN
Galería | Las rosquillas protagonizan la fiesta de San Lázaro
CRÍTICAS Á PRECARIEDADE
A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu) pechou este sábado a súa edición deste 2025 coa tradicional entrega de premios coa que cada ano dá por finalizado o evento. Nesta ocasión, cunha figura moi especial a resaltar: “A dos que sempre estiveron aí, os alumnos que formaron parte dende o primeiro ano”. Así definiu o director da mostra, Fernando Dacosta, o papel dos premiados por unha iniciativa que leva xa 30 anos formando parte do entramado cultural ourensá. E en representación de todos eles, foron Sonia Ferro e José María Gómez quen recolleron o galardón co que se pecha unha etapa máis deste movemento a prol da arte galega: “Polos 30 anos queríamos facer algo recompilatorio, así que dedícase ao propio alumnado das aulas de teatro do Campus. Porque sempre estiveron apoiando e son a base de que todo isto sexa posible”.
Foi precisamente o interese de alumnos como Sonia e José o que impulsou o nacemento dun grupo de teatro que foi evolucionando ata converterse na mostra que enche hoxe rúas e salas con máis de 200 espectadores de media. “Un proxecto que se manteña no tempo durante décadas é moi difícil, e nós por fortuna aí seguimos”, recoñece con emoción Dacosta, quen ve o esforzo e dedicación de alumnos e profesores reflectidos nunhas xornadas que viviron una emotiva despedida.
A pesar da pegada artística promovida pola Miteu, esta enfróntase a obstáculos derivados da falta de compromiso e apoio por parte do Concello, que retirou a súa parte de axuda. A mostra que hai uns anos recollía ata 30 espectáculos e repartía máis dun premio en voz do xurado e dos espectadores, queda hoxe reducida para poder seguir adiante sen unha axuda que ocupaba preto da metade dos cartos da organización. Para Dacosta, a participación activa dunha cidade na impronta cultural e artística de actividades como Miteu, só pode ser un paso máis de cara ao seu recoñecemento: “Os orzamentos acaban revertendo no territorio, e esa é a intención. Destas iniciativas saen traballos para as persoas da organización, pero tamén saen visitas a restaurantes ou hoteis. Vén xente de fóra que coñece Ourense e, sobre todo, que fala de Ourense”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SABOR A TRADICIÓN
Galería | Las rosquillas protagonizan la fiesta de San Lázaro
CAMBIOS EN LA MOVILIDAD
Cortes de tráfico en Ourense por la Fiesta de San Lázaro y las madamitas
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, sábado, 21 de marzo