O PP de Ourense celebra os Orzamentos, que o PSOE ve “un corta e pega”
INVERSIÓN PARA 2027
O PP celebra o aumento do investimento da Xunta en Ourense, mentres o PSOE denuncia a falta de execución e a reiteración de promesas nos Orzamentos de 2027.
Un día despois de que a Xunta remitise ao Parlamento o proxecto de Orzamentos para 2027, as reaccións políticas amosan lecturas contrapostas. Mentres o PP celebra as cifras para a cidade, a oposición socialista lamenta a falta de execución e a repetición de compromisos.
A portavoz do PP no Concello de Ourense e candidata á Alcaldía, Ana Méndez, fixo unha valoración “moi positiva”, destacando que reservan 399,11 millóns de euros para a cidade, un 8,76% máis que o ano anterior. Para a popular, estas contas son “unha mostra do compromiso de Rueda e do seu Goberno coa nosa cidade”. Méndez defendeu que a Xunta “cumpre con Ourense” e citou como exemplo os 27 millóns para o novo edificio e equipamento do CHUO, as vivendas de promoción pública en Cambedo de Raia e O Vinteún, ou a Rolda Leste.
Pola súa banda, a parlamentaria do PSOE, Carmen Dacosta, rexeitou o proxecto ao consideralo “unha vez máis un copia e pega de promesas que levan anos sen cumprirse”. A socialista criticou que se volvan orzar as mesmas contías -como os dous millóns para a sede da Xunta- sen traducirse en realidades. Dacosta preguntouse “cantos anos máis van a ter que esperar os veciños” polos centros de saúde do Vinteún e Mariñamansa e concluíu que “Ourense non necesita máis propaganda, necesita investimentos reais e que dunha vez por todas cumpra o que promete”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INVERSIÓN PARA 2027
O PP de Ourense celebra os Orzamentos, que o PSOE ve “un corta e pega”
SISTEMA DE SAÚDE
Unha IA que detecta o cancro premiada polo Campus Auga de Ourense
AGRESIÓN SEXUAL EN OURENSE
Rebajan de siete a cuatro años de cárcel la condena por violar a una menor en Ourense
Lo último
COPA ESPAÑA
El COB, a lograr el máximo con lo mínimo
11,7 MILLONES
La Xunta adjudica las obras de la Ronda Este de Ourense