CAMPANA EXTRACTORA
Trasladado al CHUO tras inhalar el humo de un incendio en avenida de Zamora
TECNOLOGÍA
A Universidade de Vigo participa no proxecto europeo Astral (Anticipating Strategic Long-Term Challenges). Trátase “dunha ambiciosa iniciativa internacional de tres anos de duración, financiada polo programa Erasmus+ con 1,5 millóns de euros, que busca capacitar empresas, docentes e estudantes para facer fronte aos retos estratéxicos a longo prazo nun mundo en constante transformación”, explicaba a profesora Maribel Doval, representante ourensá do proxecto.
O proxecto, que rematará en decembro de 2027, reúne a nove entidades de catro países europeos (Alemaña, Dinamarca, Francia e España), entre elas tres universidades, tres asociacións empresariais que tamén actúan como provedores de formación profesional continua, e tres pemes dos sectores tecnolóxicos. “O proxecto está concibido como unha colaboración equilibrada entre o mundo educativo e o empresarial, co apoio de expertos en tendencias, innovación e planificación estratéxica”, comentan desde a súa organización.
A participación da Universidade de Vigo materialízase nun equipo formado por persoal docente e investigador do campus de Ourense, concretamente da Facultade de Educación e Traballo Social (Maribel Doval, Manola Raposo, Javier Blanco e Jesús Deibe Fernández Simo), da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo (Fernando Veiga), da Facultade de Ciencias (Juan Carlos Mejuto, Antonio Cid Sanmamed e Maruxa Álvarez) e da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo (Jesús Vázquez). “Esta diversidade académica permite abordar a planificación estratéxica do futuro desde múltiples perspectivas: educativa, tecnolóxica, científica, empresarial e de innovación social”, subliñan.
A metodoloxía que se aplicará baséase nun enfoque híbrido de ensino-aprendizaxe e circular, que combina o coñecemento académico coa experiencia práctica do sector empresarial e industrial. “Este proceso de codeseño e cocreación inclúe a participación activa de centros educativos, empresas do sector high-tech e deep-tech, investigadores en tendencias, think tanks e responsables políticos”, comenta o equipo da UVigo. O obxectivo é garantir que os materiais desenvolvidos respondan ás demandas reais do mercado laboral e da sociedade.
Tamén contempla a creación de laboratorios piloto de cooperación entre universidades, centros de formación profesional e empresas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CAMPANA EXTRACTORA
Trasladado al CHUO tras inhalar el humo de un incendio en avenida de Zamora
LUCHA CONTRA EL CÁNCER
David Aramburu, del Campus de Ourense a la vanguardia oncológica de Nueva York
DÍA DE TODOS LOS SANTOS
Galería | Los ourensanos acuden a los cementerios para visitar a sus seres queridos
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al salirse de la vía en la OU-533 a su paso por Viana do Bolo
ELECCIONES PRESIDENCIALES
Iliana Yotova se convierte en la primera mujer elegida presidenta de Bulgaria
Benito Iglesias
¡El brutal coste de la incompetencia!