"GRAN CAPACIDAD DE TRABAJO"
Baltar y Delgado trasladan su "apoyo" a Ana Méndez como una "excelente candidata" a la Alcaldía de Ourense
benestar animal
O grupo socialista no Concello de Ourense reclamará no pleno a mellora das políticas de convivencia responsable con animais na cidade, a creación de máis parques caninos e a reforma integral da canceira de Progape.
O PSOE presentará unha iniciativa para a creación de novos parques caninos en barrios que carecen deles e a acometer melloras urxentes nos espazos da cidade destinados ás mascotas, así como a poñer en marcha campañas informativas e de sensibilización en materia de benestar animal e a colaborar co tecido asociativo como APMOU e a protectora de animais. “Impórtannos os animais que teñen familia, pero tamén os que non”, afirma a edil Alba Iglesias.
A socialista defende que os parques caninos sexan funcionais e estean provistos de fontes de auga para os animais, iluminación para poder empregalos pola noite e áreas onde resgardarse cando chove. “Ademais, hai zonas de Ourense que non contan con ningún destes espazos verdes o que se traduce en maiores conflitos en parques infantís, xardíns e rúas que non están preparadas para esta nova realidade”, advirte.
Por iso, o grupo municipal socialista instará ao executivo de Gonzalo Pérez Jácome, a través dunha moción, á creación de novos parques caninos en barrios que carecen deles e a acometer melloras urxentes nos espazos da cidade destinados ás mascotas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"GRAN CAPACIDAD DE TRABAJO"
Baltar y Delgado trasladan su "apoyo" a Ana Méndez como una "excelente candidata" a la Alcaldía de Ourense
RECORD DE IMPAGOS
Ourense desbanca ya a Jaén como la capital más morosa
Lo último