“Raigame” une Bretaña e Galicia a través de Castelao

277 PÁXINAS

A nova edición de Raigame dedica 277 páxinas á viaxe de Castelao á Bretaña francesa, con textos en catro linguas e 750 exemplares en papel de distribución gratuíta.

O Pazo Provincial foi o escenario de presentación da revista.
O Pazo Provincial foi o escenario de presentación da revista.

A revista de arte, cultura e tradicións populares Raigame publica a súa nova edición, onde o gran protagonista é Castelao coa súa viaxe á Bretaña francesa. Continúa así a triloxía que a revista dedica ao periplo do escritor pola rexión francesa.

Nas 277 páxinas que compoñen esta edición atópanse catro linguas: galego, castelán, francés e bretón, o que é posíbel grazas aos códigos QR que incorpora a revista. O acceso será, coma sempre, de balde, tanto online coma na edición en papel, que nesta ocasión conta con 750 exemplares. Dende o CCP Xaquín Lorenzo prevén que estes exemplares estarán esgotados nunha semana.

Alfonso Vázquez Monxardín, catedrático de lingua galega, resumía así a viaxe de Castelao: “Hai moito mito con Irlanda, pero as verdadeiras relacións estaban coa Bretaña Francesa. Configurouse un eixe Pontevedra-Ourense-Bretaña grazas á viaxe de Castelao. Para o escritor había un irmandamento cultural artístico e espiritual entre as Fisterras atlánticas”, explicaba Vázquez, quen destacou tamén a forte relación que mantivo o escritor de Rianxo con Ourense durante o exilio.

Contenido patrocinado

stats