INGRESOS DE AURIA TV
Los dobles ingresos de Jácome, una controversia administrativa
O CINEMA GALEGO DO OUFF
No marco da Sección Oficial Panorama Galicia do OUFF, tres cineastas galegos presentaron as súas obras en competición, ofrecendo tres perspectivas diferentes pero unidas pola forza da memoria e da loita persoal.
O primeiro en intervir foi Olmo Couto, que estrea internacionalmente “Serê Kaniyê”, un documental rodado no norte de Siria. O filme céntrase na vida cotiá de tres mulleres kurdas en plena guerra, explorando a súa resistencia e o papel clave no movemento revolucionario feminino. “Quixen amosar a intimidade do conflito, o que hai detrás dos titulares”, explicou o director.
Pola súa parte, Paula Veleiro presente “Te separas mucho”, xa recoñecida en festivais como o de Xixón, onde acadou o premio á mellor montaxe. A cineasta reconstrúe a memoria familiar a través das gravacións VHS do divorcio dos seus pais, que contrapón coa súa propia ruptura sentimental trinta anos despois.
O terceiro protagonista da xornada foi Antón Caeiro, que chega ao OUFF con “LOLA”. O filme retrata a historia dunha muller de Cangas do Morrazo (Pontevedra) que viviu de primeira man as feridas abertas pola Guerra Civil. “É unha homenaxe á súa memoria e á da súa familia”, sinalou Caeiro, que agradeceu poder estrear mundialmente en Ourense unha obra tan persoal.
Deste xeito, os filmes galegos seguen a nutrir a nutrir a sección oficial do OUFF, que están a ser todo un éxito de nas proxeccións programadas polo festival ao longo da semana.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INGRESOS DE AURIA TV
Los dobles ingresos de Jácome, una controversia administrativa
REVISIÓN DE LICENCIAS URBANÍSTICAS
La vecina que ganó al Concello de Ourense exige el cierre de los garajes de San Antonio
Lo último