XV EDICIÓN
AJE premia a cuatro proyectos por su talento
30 DE SETEMBRO
O OUFF incorpora á súa programación a presentación de “Las hijas de la criada”, adaptación televisiva da novela homónima de Sonsoles Ónega, gañadora do Premio Planeta en 2023. A ficción de Atresmedia será unha das protagonistas da sección Fóra de Serie, dedicada aos grandes lanzamentos televisivos. Reforza tamén a presenza das series nun certame que busca levar destacados títulos da pequena pantalla ao cine.
As actrices Carlota Baró e Martina Cariddi viaxarán a Ourense o 30 de setembro para presentar a produción. A xornada comezará ás 13,00 horas cunha rolda de prensa no Centro Cultural Marcos Valcárcel, na que tamén se proxectará unha peza en vídeo enviada pola propia Sonsoles Ónega.
Xa pola tarde, ás 19,30 horas, o Teatro Principal acollerá unha sesión aberta ao público co primeiro capítulo da serie. A presenza de ambas permitirá ao público coñecer de preto as claves dunha das principais apostas de ficción desta tempada.
“Las hijas de la criada” chega ao festival despois da súa estrea en Atresplayer e do seu posterior salto á emisión en aberto de Antena 3. A historia sitúase na Galicia de 1890, no pazo do Espírito Santo, e parte do nacemento de dúas nenas, Clara e Catalina. Unha é filla da criada Renata e a outra, da matriarca doña Inés, pero ambas comparten pai: don Gustavo Valdés, propietario do pazo e dunha serraría.
Unha vinganza alterará o destino das pequenas e abrirá unha disputa marcada polo poder, o abandono e a loita pola herdanza nunha sociedade que negaba ás mulleres o control das súas vidas. Esta actividade forma parte do OUFF, que se celebrá na cidade entre o 25 de setembro ao 4 de outubro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XV EDICIÓN
AJE premia a cuatro proyectos por su talento
ACABA CON LA LACTOSA
La ciencia descubre en el agua de As Burgas enzimas que pueden mejorar la leche
TENER EL PASAPORTE NO LLEGA
La burocracia deja a los ourensanos de la “ley de nietos” en un limbo electoral
Lo último
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Otra Dana: Distinta respuesta
La Región
Malvenido señor Milei
La Región
A revolotear, que el patio arde
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 24 de octubre