Unha nova serie levará á pantalla un crime real que pasou en Galicia
PRESENTADA NO OUFF
A rodaxe desenvolveuse durante catro semanas e media en máis dunha ducia de espazos naturais.
A sección Xanela do Ourense Film Festival (OUFF), dedicada a proxectos audiovisuais en desenvolvemento, acolleu este martes a presentación das primeiras imaxes de “O asasino de pelo roxo”. Esta nova ficción, producida por Zenit TV, traslada á pantalla o asasinato da veciña de Cabanas Elisa Abruñedo, acontecido en 2013, así como a súa complexa investigación, un caso resolto unha década despois grazas ao uso pioneiro da xenealoxía xenética.
A fundadora da produtora, Zaza Ceballos, destacou durante o acto a dificultade de afrontar un true crime rodado integramente en exteriores e avanzou que a serie fuxirá dos canons habituais para centrarse na profunda pegada emocional do suceso. “Imos achegar un punto de vista distinto; queremos contar como quedan os fillos, os amigos, a aldea ou os propios gardas civís. Ninguén queda igual despois dun caso semellante”, explicou aos asistentes.
O proxecto, que chegará á grella da Televisión de Galicia en 2027, responde á aposta da canle autonómica por explorar novos formatos. A súa responsable de contidos, Montse Besada, sinalou a importancia de aproximarse aos feitos reais máis mediáticos do contorno, coincidindo con Ceballos en reivindicar a capacidade e calidade do sector audiovisual galego.
A serie, dirixida por Inés Pintor a partir dun guión de Lidia Fraga e Virginia Cica, constará de seis capítulos duns 45 minutos. Segundo detallou a directora de produción, Lucía Caramelo, a rodaxe desenvolveuse durante catro semanas e media en máis dunha ducia de espazos naturais, abranguendo localizacións en Ferrolterra, as Fragas do Eume, Vedra ou Teo, e conta cun amplo elenco composto, entre outros, por Adrián Ríos, Sergio Abelaira, Manu Estévez, Xosé M. Esperante, Isabel Garrido e Susana Sampedro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
FIESTAS POPULARES
Programa de conciertos y actos de las Fiestas de Currás 2026
GASTRONOMÍA Y TRADICIÓN
IX Festa dos callos de Piñor
ELECCIONES GENERALES 29N
Feijóo acepta el cara a cara con Sánchez y plantea celebrarlo el 16 de noviembre