RECIENTE APERTURA
Frank Store abre una nueva tienda de mujer en Ourense
UNIVERSIDADE
A Universidade de Vigo celebra un ano máis o 8 de marzo, Dia Internacional da Muller, uníndose ás reivindicacións dunha sociedade na que homes e mulleres vivan en pé de igualdade. Neste senso, entregará hoxe nun acto institucional no Campus o premio ao compromiso coa igualdade de xénero na UVigo, Uviguala.
Ademais, este ano realiza unha campaña institucional na que renderá unha homenaxe ao traballo das mulleres a partir da figura das lavandeiras. Así, a súa imaxe gráfica recolle unha obra da artista e egresada da Facultade de Belas Artes do campus de Pontevedra Xoana Abraira de Bernardo, presentada no seu traballo fin de grao “O oficio de lavar”.
Desde a Unidade de Igualdade da UVigo sinalan que neste 8 de marzo queren recoñecer o papel das mulleres traballadoras que rompen cos estereotipos de xénero a través da figura das lavandeiras. As lavandeiras, subliñan, “desenvolveron un traballo que requiría de gran fortaleza física, xa que non só pasaban longas xornadas na auga fría enxaboando, fregando e clareando a roupa, senón que cargaban con ata 30 quilos de roupa mollada para facer o seu traballo”.
Neste senso, inciden en que tamén exercían como costureiras, pasadoras de ferro e tecedoras. “Os lavadoiros tiveron un papel importante como espazos de sociabilidade feminina e o oficio sería unha das ocupacións principais das mulleres das clases populares, como traballo remunerado e como tarefa cotiá para a reprodución da vida. Elas foron, e son, figuras de memoria e acción”, subliñan desde a Unidade de Igualdade. Ademais, na súa campaña fan un percorrido histórico polo legado das mulleres na vida económica das súas comunidades.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Talento Mozo 2026-2027
Ourense contará con dos programas de empleo para jóvenes de entre 18 y 29 años