Xulio C. Iglesias, gerente de Amencer: “A solidariedade non ten fronteiras”

Xulio C. Iglesias: “Que haxa discursos excluíntes, denigrantes, que marxinan a sectores concretos non vai connosco”

Xulio César Iglesias Blanco, gerente de la asociación juvenil Amencer.
Xulio César Iglesias Blanco, gerente de la asociación juvenil Amencer.

Fechas marcadas en rojo para la asociación juvenil Amencer. Detalla Xulio C. Iglesias, el gerente, que “Amencer, ao ser unha entidade de tempo libre educativo, nos períodos de vacacións escolares é cando fai unha oferta forte e ampla para que a infancia e mocidade poda gozar do seu tempo libre ao non ter escola ou universidade”.

Iglesias detalla la programación. “A oferta é moi ampla: a) mañás de Nadal é un proxecto de conciliación para a rapazada de tres a catorce anos de idade desde as oito menos cuarto até as tres e cuarto todas as mañás dos días laborables; b) actividades deportivas cos tradicionais 24 horas de fútbol-sala do venres 26 ao sábado 27, 3x3 de Reis o sábado 3 e partido de baloncesto benéfico pro OQ; c) actividades musicais co Boscomusic o sábado 3 con moitas horas previas de ensaio, preparación técnica, ambientación e organización; d) actividades solidarias coa Operación Quilo, recollida e reparto, realizando eventos sobre todo deportivos; e) actividades propias de Nadal como é a ambientación dos locais, a cea de voluntarios e voluntarias de Amencer, participar na pista de xeo, xantares e ceas de grupos e equipos de Amencer; f) actividades formativas coa asemblea trimestral, as reunións dos equipos de grupos do IEF e dos premonitores e preanimadores de Amencer.; g) actividades lúdicas abrindo os locais todos os días co proxecto “Amencer á carta” e unha tarde de propostas para xogar e encontrarse; e un sen fin de actividades internas de xestión, reflexión, revisión e programación. As actividades máis participativas son o Boscomusic, o 24 horas. a cea de voluntarios ou as Mañás de Nadal entre outras”.

Remarca igualmente Iglesias que “o obxectivo do proxecto “Nadal en Amencer” é ofertar á infancia e mocidade ourensá dun espazo de encontro onde sexan eles mesmos os protagonistas do seu tempo de lecer partindo de centros de interese cun fondo educativo como son as actividades e proxectos solidarios, deportivos, musicais, de encontro, de festa e celebración, formativos, lúdicos, de conciliación e propios deste tempo de Nadal”.

“A participación da mocidade é moi boa e está en ambos lados da actividade, é dicir, son os que organizan e tamén son os que gozan participando das propostas. Hai mozos e mozas dinámicos con ideas que se involucran dando o seu tempo libre para organizar unhas Mañás de Nadal ou un torneo de 24 horas de fútbol-sala por exemplo, e hai outros mozos e rapaces que veñen a participar destas propostas, sen máis. En todo proxecto de tempo libre educativo son clave dous momentos ademais da propia actividade. Un é a programación con obxectivos con clara intencionalidade educativa, e o outro é a avaliación onde revisamos a actividade tanto os que a organizan como os participantes. Así imos conseguindo propostas de mellora axeitadas”, relata.

A la hora de hablar de solidaridad, remarca que “para nós, a solidariedade non ten fronteiras nin exclusións. É para todos e todas os que precisan a nosa axuda. Nós baseámonos no humanismo cristián en que se defende claramente e explicitamente que todos somos fillos e fillas de Deus, e debemos de preocuparnos e axudarnos uns polos outros. Que haxa discursos excluíntes, denigrantes, simplóns, que marxinan a sectores moi concretos da nosa sociedade non vai connosco, nin os compartimos. Para nós, o Nadal é un período do ano moi importante e que o vivimos moi intensamente”, termina Iglesias.

Contenido patrocinado

stats