A Xunta ofrece 45.000 euros para brigadas e motobombas

Os concellos foron reunidos por Medio Rural para coñecer os convenios da loita contra o lume

Reunión cos alcaldes, onte na Xunta.
Reunión cos alcaldes, onte na Xunta. | La Región

Alcaldes dos concellos da provincia reuníronse onte na sede da Xunta co director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e o delegado territorial, Manuel Pardo, nunha sesión informativa para promover e facilitar a adhesión dos municipios aos convenios de colaboración existentes para a loita contra os incendios forestais para as anualidades 2025 e 2026, tanto para a realización de actuacións preventivas como vixilancia e extinción.

Así, contémplase a cooperación económica da Consellería de Medio Rural para traballos de vehículos motobomba, constitución de brigadas e realización de tratamentos preventivos de xeito mecanizado para a xestión da biomasa.

No caso das actuacións de vehículos motobomba, a axuda máxima é de 5.000 euros ao mes por motobomba, mentres que pola actuación de brigadas contra incendios forestais establécese unha contía de ata 40.000 euros -ata 21.000 euros de axuda por brigada polas tarefas de vixilancia e defensa e ata 19.000 euros por brigada no caso de tarefas de prevención-.

Ademais, pola realización de labores de xestión de biomasa, Medio Rural achegará un importe de ata 350 euros por hectárea.

Contenido patrocinado

stats