Parada e Río, nominados a un premio europeo
INCLUSIÓN E DIVERSIDADE
Ambos concellos son referentes europeos da inclusión e diversidade
Os concellos ourensáns de San Xoán de Río e Parada de Sil foron seleccionados como finalistas para o prestixioso Premio Capitais Europeas da Inclusión e a Diversidade 2025. Ambos municipios, de pouco máis de 500 habitantes cada un, lograron este recoñecemento de maneira independente, buscando converterse en exemplos de compromiso coa igualdade e a integración social.
O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez Díaz, manifestou a súa satisfacción ante a nominación: “Ser finalista a Capital Europea da Diversidade, é unha honra inmensa e un testemuño do esforzo colectivo do ecosistema social do territorio”. Destacou ademais que esta distinción os motiva a seguir traballando para garantir a igualdade de oportunidades a todas as persoas.
Pola súa banda, o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua, destacou o valor deste recoñecemento: “Este recoñecemento é un reflexo do espírito acolledor e solidario do noso territorio”. Sinalou que compartir esta distinción con Parada de Sil reflicte a vocación común de ambos concellos pola inclusión.
Os dous municipios competirán na categoría de Cidades de menos de 50.000 habitantes, xunto a outras oito localidades europeas, entre elas L’Alfàs del Pi e Usurbil en España, catro municipios italianos, un en Finlandia e outro en Grecia. Ademais, tanto San Xoán de Río como Parada de Sil foron nomeados finalistas ao Premio Especial en Vivenda Inclusiva.
Os finalistas asistirán á cerimonia de entrega de premios o próximo 29 de abril en Bruxelas, onde compartirán as súias iniciativas e conectarán con outros axentes de cambio en materia de diversidade e inclusión. Desde a Unión Europea, animan á cidadanía a seguir o evento de forma virtual a través do enlace dispoñible.
Este duplo nomeamento é un recoñecemento ao esforzo destes pequenos municipios, que con recursos limitados demostran que a inclusión e a diversidade son valores centrais na súa comunidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
almacenamiento hidráulico de energía
Naturgy e Iberdrola ponen la mira en Ourense para impulsar una central hidroeléctrica en el Sil
VIAJE AL PASADO
Santa Cristina ofrece un viaje virtual para vivir su pasado
APOYO A LA CANDIDATURA
Parada de Sil se vuelca con la Ribeira Sacra
Lo último
PIDEN COLABORACIÓN
Desaparecida en Vigo una joven de 25 años desde el 9 de septiembre
AS BURGAS BASKET CUP
🔴 Directo | El COB se estrena en el Pazo ante el Oliveirense