RECONOCIMIENTO EUROPEO
La música de Santa Cristina cruza fronteras
XORNADAS
Por primeira vez, Parada de Sil sumouse á celebración do Día Internacional dos Museos, e fíxoo cunha xornada saborosa e emotiva na Casa do Chocolate de Teimende, un espazo único que continúa sorprendente e cativando a quen o visita.
Ao fronte da celebración estiveron dúas auténticas embaixadoras deste museo tan especial: Rosa e Loli Casares, que dedicaron o día enteiro a recibir ao público con agarimo e chocolate quente.
Para a ocasión, prepararon unha mesa decorada con mimo, cunha chocolateira clásica de cerámica e unhas galletas artesás elaboradas por un restaurante local, nas que podía lerse, escrito con chocolate, “Casa do Chocolate”. Un detalle delicioso que foi moi ben recibido polos visitantes, demostrando que a experiencia dun museo tamén pode entrar polos sentidos.
A xornada completouse cunha peza chea de sensibilidade: a exposición dun libro artesanal adicado ao chocolate, no que a súa autora compartiu de maneira maxistral unha mirada creativa e íntima sobre este produto tan querido. Unha mostra de que arredor do chocolate tamén hai arte, memoria e emoción.
O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, quixo agradecer especialmente o esforzo e implicación das irmás Casares, Rosa e Loli, así como da informadora turística do municipio, recoñecendo que a xornada foi un éxito grazas ao seu traballo e á notable afluencia de visitantes, tanto do propio concello como de fóra, chegando mesmo da cidade de Ourense.
Este día sinalou para a Casa de Chocolate de Teimende, da man da familia Casares, un exemplo de como este patrimonio pode ser, ademáis dun museo, un lugar de memoria viva, de sabores que contan historias e de persoas que as conservan presentes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RECONOCIMIENTO EUROPEO
La música de Santa Cristina cruza fronteras
PARA TODAS LAS EDADES
Parada de Sil ilumina el concello con aires navideños
SAÍDA AO MONTE
Parada de Sil impulsa a súa xornada micolóxica
Lo último
SABOR DE BOCA AMARGO
El Arenteiro sigue sin coger aire ante el Celta Fortuna (1-1)
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 21 de marzo
INCIDENTE AGRARIO
Muere un hombre tras volcar su tractor en O Corgo, Lugo