APOYO A LA CANDIDATURA
Parada de Sil se vuelca con la Ribeira Sacra
SAÍDA AO MONTE
Parada de Sil acolle este sábado 22 de novembro a terceira edición da súa Xornada Micolóxica, un evento consolidado no outono do municipio. Este ano incorpora novidade: unha saída ao monte específica para nenos e familias na sesión de tarde, entre as 15,30 e as 17,30 horas, cun percorrido adaptado e pensado para iniciarse na micoloxía dun xeito ameno e seguro.
A xornada comezará ás 10,00 horas cunha charla formativa na sede da Asociación Caxide, guiada polo micólogo Alejandro Mínguez e coa colaboración do seu pai, Ricardo Mínguez. Ás 11,15 realizarase unha saída ao monte para recoller exemplares, seguida ás 13,00 da sesión de identificación e clasificación e, ás 13,30, dun obradoiro de cociña e degustación.
No apartado gastronómico, prepararanse tres tipos de ensaladas elaboradas con cogomelos distintos: Fistulina hepática, Craterellus tubaeformis e Agaricus bisporus, mostrando así a diversidade e potencial culinario dos fungos.
Alejandro Mínguez leva anos vinculado á divulgación da micoloxía, impartindo cursos e obradoiros na provincia con enfoque práctico e accesible, seguindo a tradición familiar que lle transmitiu o pai.
A Xornada, organizada coa colaboración da Asociación Os Noviños de Parada de Sil e do Concello, busca atraer tanto a afeccionados coma a familias que queren iniciarse neste campo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
APOYO A LA CANDIDATURA
Parada de Sil se vuelca con la Ribeira Sacra
INVERSIÓN DE 450.000 EUROS
Parada de Sil recupera cerca de 29 hectáreas de soutos