ALZA DAS INSTALACIÓNS
O Parque Acuático de Monterrei recibiu preto de 100.000 visitantes este verán
FOLIADA
Veciños e visitantes gozaron onte en Loñoá dunha nova edición, a sexta xa, da Festa Etnográfica do Pereiro de Aguiar. Diferentes casetas nas que se amosaba a recuperación dos oficios tradicionais, como a olería, cestería, tallar en madeira, apicultura ou elaboración de instrumentos tradicionais fixeron as delicias de maiores e pequenos.
Un ano máis, centos de persoas pudieron achegarse a esta riqueza intanxible dos nosos devanceiros e pasar un día en familia, con xogos infantís teatralizados, no que non faltou música tradicional e, por suposto, boa comida.
Algúns dos momentos máis destacados foron a exhibición de música e baila tradicional do Grupo Rebulir na praza da capela de San Antonio e, xa pola tarde, os campionatos de billarda e chave e o concirto-foliada do grupo de danzas Castro Floxo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ALZA DAS INSTALACIÓNS
O Parque Acuático de Monterrei recibiu preto de 100.000 visitantes este verán
VIOLENCIA EN CACHAMUÍÑA
Dos ladrones atan a un anciano mientras dormía y le roban 12.000 euros en Pereiro