Pereiro ofrecerá ata 5.000 euros para comprar ou rehabilitar vivenda
REORDENACIÓN DO TERRITORIO
Luz verde ás axudas para o arranxo de vivendas en Pereiro. A rehabilitación en núcleos tradicionais contará cun máximo de 5.000 por cada intervención
O Concello de Pereiro de Aguiar porá en marcha un plan de axudas para a adquisición, rehabilitación e arranxo de vivendas no termo municipal, buscando a modernización dos inmobles e, deste xeito, que novos veciños poidan instalarse. Unha medida que foi acordada no último pleno por unanimidade de tódolos grupos con representación municipal e que “será incluída nos orzamentos que están sendo ultimados polo equipo de goberno”, segundo indican fontes municipais.
Esta liña se financiaría con fondos propios, e sería compatible con outras a nivel autonómico ou nacional
O campo da vivenda quere ser unha das principais liñas de actuación do goberno municipal que preside Luis Menor durante o mandato 2023-2027, e xa deu os primeiros pasos coa creación do servizo de asesoramento, que, previa cita, informará sobre aportacións directas ós propietarios e tamén sobre as bonificacións tributarias para quenes invirtan en Pereiro de Aguiar.
Entre os beneficios fiscais ós que se poderán acoller os veciños, o Concello destaca a baixada do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) ó 2%, xa adoptada en anos anteriores, e a rapidez na concesión de licenzas.
Os próximos orzamentos, cuxa aprobación se tramitará en marzo, buscan impulsar “unha nova liña de axuda directa a rehabilitación de vivendas situadas en núcleos tradicionais e que posteriormente se destinen a vivenda propia ou alugueiro por importe máxime de 5.000 euros a cada unha. Esta liña se financiaría con fondos propios do Concello, e sería compatible con outras a nivel autonómico ou nacional, según garanten dende o Concello de Pereiro, que tamén bonificará a corrección do feísmo.
Nova ordenanza
Os detalles concretos da súa concesión serán materializados nunha ordenanza. “Unha medida que axude a que vivendas actualmente abandonadas dos nosos pobos recobren vida e sigamos medrando en poboación e será retroactiva as licencias outorgadas para rehabilitación dende o 1 de xaneiro deste ano”, aseguran dende o Concello.
21 licenzas para novas casas ou naves no 2024
Dende o Goberno local, valórase a actividade inmobiliaria no Concello. “Rematado o ano 2024 xa temos datos que acreditan o bo momento que segue a vivir a actividade inmobiliaria no noso concello con 21 licenzas para obra maior -novas construcións de vivendas, naves e rehabilitación integral-”. Ademais, tramitáronse 13 expedientes de segregación que supoñen o agrupamento e reordenación do solo con vistas a máis inversións nun futuro inmediato.
“A vivenda, unha das grandes preocupacións da nosa sociedade, é obxecto de atención e actuación continuada polo noso concello. Seguiremos contribuíndo a satisfacer este dereito primordial dos nosos veciños”, destacan fontes municipais. O Servizo de Asesoramento Técnico funcionará de xeito temporal, previa cita, na sala polivalente. Os técnicos infomarán sobre programas de axudas en materia de vivenda tanto autonómicos, como estatais e europeos, dirixidos a particulares, comunidades de propietarios e empresas”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTELECTUAL GALEGO
A casa museo de Ben-Cho-Shey abrirá as portas en verán
"A CASIÑA DO VAL"
Francisco Javier Río Barros “O ferreiro de Melias” llega a los cien años
BOMBO, SÁTIRA Y COLORIDO
Galería | Pereiro, epicentro del colorido Entroido
Lo último