RÍO FÍRBEDA
Porqueira estreou a súa nova zona para escalada
GDR Limia-Arnoia
O proxecto “Ruralmente” chega á comarca da Limia o vindeiro martes 26, cun curso sobre a produción da pataca baixo a IXP Patacca de Galicia, que terá lugar na Casa do Concello de Porqueira a partir das 9,30 horas.
“Ruralmente” ten por obxectivo o intercambio de coñecementos e a innovación entre as diferentes rexións que participan nel, neste caso, grazas ó GDR Limia-Arnoia que forma parte do proxecto. Para acadar esta meta, os integrantes do proxecto organizan diversos eventos en formato de xornadas técnicas, seminarios e visitas de campo.
En concreto, o GDR Limia-Arnoia centra os seus esforzos en incrementar a produción e o número de entidades produtoras dentro da IXP Pataca de Galicia.
O curso dará comezo cunha conferencia da man de Luis Saa Arias, Director Técnico da IXP Pataca de Galicia, e que abordará a certificación e o control da pataca, amparada pola IXP Pataca de Galicia. José Antonio Chao, téccnico de promoción da IXP Pataca de Galicia ofrecerá unha charla sobre a comercialización e promoción da pataca de Galicia.
Laura Meno Fariñas, Doutora en Enxeñería Agraria, será a poñente da conferencia sobre avances científicos na xestión sostible de enfermidades da pataca, e pola súa banda, Servando Álvarez Pousa, Director do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, dará a charla: “Cava fondo e bota basura”, os activadores do solo, fertilización en pataca.
Logo, haberá unha mesa redonda e unha degustación de pratos con pataca da Limia, preparada polo bar O Muíño. A xornada rematará cunha visita á explotación de Julio Montero en Porqueira.
Dende o GDR Limia-Arnoia explican que Ruralmente “ten sentido porque queremos demostrar que a vida e as profesións do rural teñen moita dignidade”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RÍO FÍRBEDA
Porqueira estreou a súa nova zona para escalada
2.000 EUROS MENSUALES
El BNG insiste, las cuentas de Porqueira no cuadran
Lo último
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
“Señor das moscas”, de William Golding
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 20 de junio?