PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, lunes 18 de mayo?
PLANES EN OURENSE
Los planes de hoy en la provincia de Ourense, en la agenda de La Región.
Ourense súmase un ano máis á celebración dunha nova edición do festival divulgativo “Pint of Science”, que contará con arredor de 1.300 charlas e eventos en 114 cidades e municipios de toda España. O Café&Pop Torgal acollerá, dende hoxe ata o mércores, tres días de programación conferencias divulgativas, abertas ao público xeral interesado, de seis investigadoras e investigadores do campus de Ourense e diferentes disciplinas. Na sesión de hoxe, co título “Ciencia para un futuro sostible: da terra á mesa” achegarase aos retos ambientais e de saúde que definen o noso tempo e a como a ciencia busca solucións innovadoras dende a base. Nuno Muñoz, investigador do grupo BiotecnIA (Biotecnoloxía Industrial e Enxeñería Ambiental) abordará o potencial dos insectos comestibles e Sabela Pérez, do Grupo de Estudos en Traballo Social falará sobre os mitos misóxinos dixitais.
O ciclo “Arqueoloxía en monodose”, impulsado dende o Museo Arqueolóxico de Ourense para descubrir novas propostas e coñecer mellor o patrimonio recibe a Antonio Roma Valdés, coa conferencia “A moeda na alta Idade Media en Galicia”. O ponente, especialista en moeda medieval, falará sobre o interese da numismática como fonte histórica, especialmente en períodos como a alta Idade Media.
Chega esta fin de semana unha nova edición do festival OurenSound. O venres comezarán os concertos coas actuacións de Alcalá Norte (19,00 horas), Love of Lesbian (20,50 horas), Iván Ferreiro (23,00 horas) ou Carlos Ares (01,00 horas). Nos seguintes días actuarán nomes destacados da música española como Duncan Dhu, La M.O.D.A., Siloé ou Niña Polaca. Dende a organización habilitarán autobuses lanzadeira desde o parque de San Lázaro ata o recinto. Entradas diarias e bonos á venda na páxina web ourensounfest.com/entradas.
Inauguración da mostra de traballos feitos polo alumnado da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense, unha recompilación de propostas elaboradas entre 2025 e 2026 polos alumnos e alumnas das diferentes disciplinas que se traballan na escola: talla en madeira, debuxo e pintura, cerámica e oleiría e modelado en barro. Poderá visitarse ata o 19 de xuño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, lunes 18 de mayo?
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Galería | Ourense, unha provincia a prol da lingua
Lo último
REACCIONES DE LOS CANDIDATOS
Juanma Moreno, tras ganar las elecciones de Andalucía: “No hay matrícula pero sí sobresaliente”