O GDR Limia-Arnoia serve de guía ao Camiño Mozárabe
INTERCAMBIO E COOPERACIÓN LOCAL
Organizou un intercambio para extraer experiencias aplicables ao desenvolvemento desta ruta
O GDR Limia-Arnoia deu cita a uns vinte representantes de institucións pertencentes á Asociación de Municipios del Camino Mozárabe de Santiago para participar nunha viaxe técnica ao Camiño Portugués.
O “Intercambio de experiencias en xestión e promoción do Camiño de Santiago”, ten como obxectivo “extraer aprendizaxes e boas prácticas aplicables” ao desenvolvemento e consolidación do Camiño Mozárabe en Andalucía, “fortalecendo a cooperación e o intercambio de coñecementos” entre entidades locais, segundo apuntan dende o GDR.
Os participantes achegáronse ao Ecoespazo O Rexo, “un espazo agroecolóxico e artístico no que se mistura paisaxe, gandería e cultura”, ademais de visitar a Casa do Concello de Allariz, onde a alcaldesa, Cristina Cid, e a concelleira de Turismo, María López, presentaron o modelo de xestión municipal, que aposta pola recuperación do casco histórico, a dinamización do comercio local e a integración dos museos.
Este martes pola tarde, os alcaldes e representantes institucionais participantes do proxecto visitaron o concello de Xinzo, onde aprenderon sobre a transformación territorial da comarca e visitaron a Torre da Pena.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PEOR CAMPAÑA DE SETAS
El campo y los cultivos de invierno, sedientos de lluvia en Ourense
TENDENCIA A LA BAJA
Las reservas de agua en la provincia de Ourense bajan hasta el 54%
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al salirse de la vía en la OU-533 a su paso por Viana do Bolo
CAMPANA EXTRACTORA
Trasladado al CHUO tras inhalar el humo de un incendio en avenida de Zamora
ELECCIONES PRESIDENCIALES
Iliana Yotova se convierte en la primera mujer elegida presidenta de Bulgaria