LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 20 de diciembre
CATRO RUTAS DE ALTA MONTAÑA
A "paisaxe de Galicia desde a bicicleta” inclué 19 rutas na provincia de Ourense que atravesan a ampla variedade xeográfica do territorio. Neste caso, son tres as áreas paisaxísticas nas que se divide o territorio ourensán: “Chairas, fosas e serras ourensás”, “Serras surorientais” e “Ribeiras encaixadas do Miño e do Sil”.
A primeira delas son as “Chairas, fosas e serras ourensás”, que abrangue a maior parte do territorio e contempla un total de 10 rutas dentro do visor da Xunta de Galicia. Catro delas teñen un percorrido circular, como son a Travesía Centro BTT Allariz - Vilar de Santos, a Ruta Cicloturista do Concello da Bola, a Ruta Cicloturista do Concello de Oímbra e a Ruta Cicloturista dos Lagares, que abranguen percorridos que atravesan concellos das comarcas de Monterrei, A Limia, Terras de Celanova, Allariz-Maceda, Baixa Limia e Ourense. Nesta proposta de rutas, que suman máis de 400 kilómetros salienta o percorrido entre Allariz e Vilar de Santos, cunha lonxitude de 84,38 kilómetros e un nivel de dificultade moi duro e un desnivel acumulados de 1.675 metros, pensado para os ciclistas máis experimentados. Similares son os 52,79 kilómetros da ruta circular do Concello de Oímbra, cun desnivel de 1.085 metros e unha dificultade moi avanzada.
Esta decena de rutas inclúe tamén percorridos para as persoas que desexan iniciarse no pedal, con dificultades moderadas e distancias máis curtas, como poden ser o Camiño Natural de San Rosendo que vai de Bande a Celanova ou a súa continuación ata Ourense ou a Ruta dos Lagares, por Oímbra. Todas elas ofrecen unha ampla variedade paisaxística atravesando zonas de montaña, vales fluviais ou núcleos de poboación de interese turístico.
A área paisaxística das “Ribeiras encaixadas do Miño e do Sil” abrangue boa parte das provincias de Lugo e Ourense. Nesta última contémplanse cinco rutas dentro da iniciativa “A paisaxe de Galicia desde a bicicleta”. Tres delas transcorren polas ladeiras da Ribeira Sacra. Salienta o Camiño Natural, unha ruta lineal de 23,5 kilómetros que parte do Alto do Couso en Maceda e chega ata a estación de Santo Estevo de Ribas de Sil. Cunha dificultade moderada e un desnivel acumulado de 344 metros, é perfecta para as persoas que desexan iniciarse nas dúas rodas.
As outras dúas teñen como orixe e final o Mosteiro de Santo Estevo e a Fábrica da Luz de Parada de Sil en dúas etapas, ámbalas dúas de dificutlade moi dura e desniveis acumulados que superan os 1.200 metros. A primeira delas parte do parador turístico para percorrer 46,75 kilómetros ata a Fábrica da Luz, mentres que a segunda etapa percórrese en sentido inverso nunha distancia de 37,95 kilómetros.
Nesta mesma área paisaxística, inclúese tamén a ruta cicloturista do Concello da Peroxa, unha proposta circular de 23 kilómetros cunha dificultade dura a través da orografía do municipio da comarca de Ourense.
Seguindo as marxes do río Sil e adentrada xa na comarca de Valdeorras, completa o catálogo desta área paisaxística o Camiño Natural Vía Nova Ourense Leste, unha ruta moi dura de máis de 47 kilómetros que separa o Alto da Biobra en Rubiá co núcleo de poboación de Petín.
No outro lado do mapa ourensán a paisaxe das serras surorientais, a paisaxe de alta montaña que caracteriza as comarcas de Trives ou Viana ofrece catro rutas aptas para os deportistas máis avanzados. Todas elas inclúense na categoría de dificultade moi dura debida, en grande medida, os importantes desniveis de altitude que presentan. Salienta a segunda etapa da ruta das Portas de Galicia, que parte dende A Mezquita e finaliza en Viana do Bolo, unha ruta lineal con 62,46 kilómetros de lonxitude e 1.600 metros de desnivel acumulado.
A primeira etapa desta ruta, que vai de Riós á Mezquita non é menos espectacular, con máis de 55 kilómetros de distancia e unha variación de altitude de 1.627 metros.
Completan o listado desta área paisaxística as rutas cicloturistas de Pena Trevinca e Chandrexa de Queixa-Manzaneda. En todas elas, os usuarios atravesan unha das orografías máis montañosas da provincia de Ourense, circulando ata grandes picos de montaña e descendendo ata vales fluviais e pasando por importantes enclaves do patrimonio natural galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 20 de diciembre
PODCAST Y VÍDEO
EL PRIMER CAFÉ | Viernes, 19 de diciembre
Lo último
Gonzalo Iglesias Sueiro
Emociones cautivas
ENTIDADE BENÉFICA
Protección Civil entrega as doazóns de 37 concellos
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Extremadura, laboratorio nacional