LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 23 de diciembre
PROXECTOS
Nacións Unidas declarou 2025 como o Ano Internacional da Conservación dos Glaciares, convertendo esta temática no eixo do Día Mundial da Auga, que se celebra hoxe. O seu propósito é concienciar sobre unha gran evidencia: a correlación existente entre as emisións de gases de efecto invernadoiro e o ritmo de derretemento das grandes masas de xeo do planeta. Ante este escenario de cambio climático, Viaqua, a empresa que xestiona os servizos de abastecemento, saneamento e depuración en máis de 40 concellos galegos, e AquaOurense aposta por adoptar medidas innovadoras que aceleren a transformación ecolóxica e garantan, deste xeito, un futuro sostible.
Xa non se trata só de definir estratexias a longo prazo para paliar os efectos da crise climática, senón de levar a cabo actuacións concretas que ofrezan solucións no presente. Neste sentido, Viaqua identificou as claves desta necesidade establecendo eixes prioritarios no seu novo plan estratéxico GreenUp 2024-2027: a resiliencia, o desenvolvemento dixital, a circularidade e a descarbonización. Estes piares concrétanse ademais en iniciativas que xa están sendo implementadas, demostrando a solidez do compromiso de sustentabilidade da compañía a través de proxectos pioneiros en materia ambiental.
Viaqua posúe unha longa traxectoria na xestión intelixente da auga grazas a un amplo abano de desenvolvementos tecnolóxicos, novas metodoloxías innovadoras e avanzados sistemas de axuda á decisión para mellorar a eficiencia na xestión das infraestruturas hídricas. Neste sentido, destaca o proxecto “OU-Intelixente, provincia da auga”, desenvolvido por AquaOurense -empresa mixta formada por Viaqua e a Deputación de Ourense- no marco do PERTE do ciclo urbano da auga. Este ambicioso proxecto contará cun orzamento superior aos 13 millóns de euros e ten como obxectivo dixitalizar a xestión do ciclo da auga de 79 concellos ourensáns, así como dos consorcios de augas de Valdeorras e Os Peares.
Entre as actuacións prioritarias, salientan a implantación de máis de 63.000 contadores de telelectura en 74 municipios da provincia. Esta iniciativa iniciouse en 7 municipios da provincia e, ata a data, instaláronse máis de 9.000 contadores intelixentes que permiten un control máis preciso e eficiente do consumo.
A dixitalización tamén abrangue 139 instalacións de depuración, permitindo monitorizar en tempo real tanto a cantidade como a calidade da auga que se devolve ao medio natural, así como 18 instalacións de abastecemento no Consorcio de Augas de Valdeorras, mellorando o control do funcionamento das plantas potabilizadoras e das redes de distribución. Todo este fluxo de datos integrarase no novo “Centro Intelixente para a Xestión Provincial da Auga - Aqua-OU”, que centralizará a xestión operativa e ofrecerá un espazo aberto á cidadanía para que poidan coñecer de primeira man esta xestión da información e poñer así en valor a importancia dunha xestión eficiente e sostible da auga.
As ecofactorías son un modelo de economía circular que revoluciona o concepto tradicional de depuradora, onde a produción de enerxía é clave para o funcionamento da propia instalación, a rexeneración da auga residual contribúe á preservación do contorno e a biodiversidade local, e os seus residuos convértense en novos recursos como biogás ou fertilizantes. En Galicia, un exemplo destacado é a ecofactoría de Ourense que, grazas á colaboración público-privada entre o Concello de Ourense e Viaqua, promove a descarbonización do ciclo integral da auga na cidade.
A ecofactoría ourensá é un expoñente na loita contra o cambio climático e da transición ecolóxica, pero tamén un centro de educación ambiental para visitantes e un polo de innovación onde desenvolver proxectos relacionados coa economía circular, a auga rexenerada ou a valorización dos residuos que chegan a estas instalacións. O Centro Mixto de Investigación Cigat Circular, que desenvolve Cetaqua Galicia, o centro tecnolóxico de Viaqua, propón un modelo integral para transformar os residuos de orixe industrial, urbana, agrícola e rural en recursos de alto valor engadido. Cigat Circular é exemplo dos beneficios da colaboración público-privada, neste caso entre Viaqua e a Axencia Galega de Innovación, posicionando Galicia como unha rexión neutra en carbono que aposta pola economía circular e a innovación como ferramentas clave.
Outro dos grandes avances na xestión da auga en Ourense é o proxecto Ruagua, unha iniciativa centrada na reutilización da auga rexenerada impulsada polo Consorcio de Augas de Valdeorras, AquaOurense e Cetaqua dentro da iniciativa Demos da Fundación Cotec e está financiada por IKEA. Nun contexto no que o acceso ás fontes hídricas é cada vez máis desafiante, a capacidade de aproveitar os recursos existentes de maneira circular convértese nunha ferramenta clave para reducir o impacto ambiental e garantir a subministración.
Ruagua permite que a auga xa utilizada poida ser tratada e reutilizada en diversos xeitos, como a rega de zonas verdes, a limpeza urbana ou determinados procesos industriais. Este enfoque reduce a presión sobre os encoros e ríos da provincia, asegurando que a auga potable se destine prioritariamente ao consumo humano.
No Día Mundial da Auga -e durante todo o ano-, Viaqua alíñase co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 6, auga limpa e saneamento para todos, e con outros ODS nos que este recurso esencial para a vida xoga un papel transversal. Viaqua leva anos implicando aos actores que conforman a sociedade galega en accións de sensibilización ambiental, un motor fundamental para avanzar na acción climática.
Proba diso é Aqualoxía, o programa de Viaqua para difundir o coñecemento do ciclo da auga e a sensibilización ambiental nas aulas de Primaria, que este ano celebra o seu décimo aniversario. Nestes anos, os recursos interactivos e os experimentos de Aqualoxía chegaron a máis de 12.000 estudantes, que aprenderon a importancia de coidar dun recurso tan valioso dunha maneira didáctica, dixital e divertida.
Ademais de realizar unha xestión sostible dos recursos naturais, Viaqua impulsa unha potente estratexia de acción social con medidas para mellorar a calidade de vida das persoas a través de diferentes programas, iniciativas e convenios de colaboración, poñendo especial foco nos colectivos en situación de vulnerabilidade. Para iso, a colaboración sostida coas administracións e cos actores locais, como Cruz Vermella, as agrupacións de Protección Civil ou o Campus da Auga, entre outros, son claves para lograr un dos obxectivos da empresa: non deixar a ninguén atrás.
Para Viaqua é fundamental seguir impulsando accións colectivas transformadoras para avanzar cara a un modelo de xestión da auga máis sostible, resiliente e inclusivo para as xeracións futuras. En definitiva, a compañía galega reafirma día a día que o seu lema “Moito máis que un compromiso coa túa auga”, vai máis alá dunha xestión eficiente e sostible, sendo un motor de innovación, desenvolvemento sostible e cohesión social nos territorios. A súa aposta pola dixitalización, a economía circular e a educación ambiental, sitúa a Galicia á vangarda da transformación ecolóxica e contribúe activamente á creación dun futuro máis sostible, xusto e resiliente para toda a cidadanía.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 23 de diciembre
COMITÉ PROVINCIAL
Dimite la presidenta del CEP de Vox Ourense por "proyectos personales"
RESULTADOS EN LA PROVINCIA
Lotería de Navidad 2025 en Ourense: ¿Dónde ha tocado algún premio?
Lo último
ESCÁNDALO EN LA IGLESIA
El papa León urge a una formación de los candidatos a sacerdotes frente a los abusos
Berto Manso
LA OPINIÓN
El COB llegó tarde al pazo
"LA SOBERBIA DE GUARDIOLA"
Abascal no descarta pedir que Vox entre en el Gobierno junto a María Guardiola