Os tradicionais sons das pandeiretas resoaron en cada rincón da provincia
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Os grupos locais animaron rúas e prazas en Xinzo, Barbadás ou Ribadavia
A música foi protagonista en cada recuncho da xeografía provincial, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, coas cantareiras como protagonistas.
O Parque da Solaina, en A Valenzá (Barbadás) acolleu a lectura do manifesto do Día das Letras Galegas 2025 a cargo da concelleira de Cultura, Ana Peleteiro, e a continuación actuaron cantareiras e pandereiteiras de Barbadás, Lambisqueiras, Ferreñas no Luscofusco e o grupo de baile Abesour@s de Nova Fronteira.
Tamén as rúas do casco vello de Ribadavia e as do centro de O Carballiño desfrutaron dos sons das cantareiras e pandereiteiras locais.
O Concello de Xinzo de Limia, pola súa banda, celebrou na Praza Maior a Foliada das Letras, un acto festivo e participativo que reuniú a comunidade educativa e a veciñanza arredor da música tradicional, coas pandereiteiras como protagonistas.
Proxecto
A actividade estuvo organizada polo Concello en colaboración cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do IES Lagoa de Antela e do IES Cidade de Antioquía, e forma parte dun proxecto máis amplo de recuperación e divulgación do patrimonio oral galego, especialmente das cantigas populares da comarca
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TEMPERATURAS MÍNIMAS
Galería | El primer día del invierno cubre de nieve y hielo la provincia de Ourense
Lo último