DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga
XESTIÓN CULTURAL
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) abre unha nova etapa co nomeamento de Sabela Mendoza Fernández como directora artística, tras obter a maior puntuación no proceso de licitación convocado polo Concello de Ribadavia. Mendoza, cunha ampla traxectoria na xestión cultural e nas artes escénicas contemporáneas, será a encargada de definir a liña artística do festival, consolidando o seu prestixio a nivel galego, estatal e internacional.
O alcalde de Ribadavia, César Fernández, destacou “o inicio dunha nova etapa para a MIT, cunha profesional de gran prestixio e ampla experiencia como directora artística, o que garante a continuidade da excelencia e a innovación que caracterizan este festival.”
A chegada de Mendoza prodúcese tras a saída de Roberto Pascual, director durante 15 anos, que collera o relevo de Rubén García, impulsor da Mostra.
Sabela Mendoza, nada en Santiago de Compostela en 1984, é unha recoñecida investigadora, creadora e xestora cultural especializada en artes escénicas e performativas. Cunha formación multidisciplinar que inclúe a Licenciatura en Dereito, un Máster en Xestión Cultural e outro en Práctica Escénica e Cultura Visual, desenvolveu a súa carreira en diferentes proxectos de referencia a nivel nacional e internacional.
Traballou na coordinación de proxectos na Fundación Residencia de Estudiantes e na xestión de proxectos culturais no Matadero Madrid. Ademais, é fundadora da plataforma galega para as artes performativas contemporáneas ‘De corpos presentes’ e co-responsable do proxecto de mediación ‘Cara a unha escena plural’.
A nova directora salientou que a súa proposta “pretende continuar e expandir os valores da MIT e seguir afondando nas liñas programáticas habituais, ao tempo que sumar novas propostas e iniciativas, en especial de apoio á creación galega e de intercambio de actividades de participación cidadá”. Mendoza destaca o concepto de “Escenas en tránsito” que van “dunha linguaxe a outra, dun corpo a outro, dun territorio a outro” para consolidar a posición da MIT como espazo de referencia para a experimentación escénica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un menor herido y un trasladado en una salida de vía en Ribadavia
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al salirse de la vía en la OU-533 a su paso por Viana do Bolo
CAMPANA EXTRACTORA
Trasladado al CHUO tras inhalar el humo de un incendio en avenida de Zamora
ELECCIONES PRESIDENCIALES
Iliana Yotova se convierte en la primera mujer elegida presidenta de Bulgaria