“O Afiador”, candidato a mellor mural do mundo
STREET ART CITIES
O mural de “O Afiador”, elaborado polo artista urbano Mon Devane no concello de San Xoán de Río, é un dos 100 traballos seleccionados pola plataforma Street Art Cities
O mural de “O Afiador”, elaborado polo artista urbano Mon Devane no concello de San Xoán de Río, é un dos 100 traballos seleccionados pola plataforma Street Art Cities para facerse co premio de mellor mural do mundo do mes de xullo e poder optar así ao galardón final, que se decidirá en xaneiro. o artista asegura estar “moi contento e moi orgulloso” de formar parte desta lista de obras seleccionadas. “É unha das plataformas máis importantes do mundo no que se refire a arte urbana”, explica.
A pintura é froito dun proxecto de varios murais, realizado co Concello en varios puntos da localidade. “Nesta parte, en Castiñeira, íamos retratar outra temática, pero Juan -o protagonista da obra- estivo contándome as súas historias como afiador e quixen homenaxealo”, conta Mon Devane. A votación para que sexa elixido o mellor mural está aberta, na web da plataforma, ata este domingo, 10 de agosto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DEL 20 AL 22 DE FEBRERO
El Congreso da Muller Rural ya tiene finalistas para los premios en San Xoán de Río
INICIATIVA NAVIDEÑA
San Xoán de Río celebra un Día de Reyes especial
30 PARTICIPANTES
Un amigo invisible para este Día de Reyes en Río
Lo último
EVACUACIÓN MILITAR ESPAÑOLA
Llegan a España más de 200 militares evacuados de Irak por la guerra en Irán
Jugando al Eurotrack Simulator
El streamer Pau Fuentes alucina con el Puente del Milenio en su recorrido por Ourense: "¡Vaya puentecito!"