ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un coche en la N-525, a la altura del acceso a la autovía en Sandiás
MÚSICA Y TRADICIÓN
Agradecer que se decidise que o galego e a musica tradicional estivese onde nunca tiña que ter marchado, e onde debe volver o antes posible”. Con esta contundente e reivindicativa declaración de intencións de César Longa, un dos integrantes de Treixadura, pódese resumir á perfección a esencia do que se viviu na noite do sábado. A música estivo, sen dúbida, no lugar que lle corresponde: no centro da celebración e arroupada polo calor da xente.
O esperado concerto tivo lugar este sábado na localidade de Piñeira de Arcos, no concello de Sandiás. A actuación musical enmarcouse dentro do programa Concertos do Xacobeo e converteuse no prato forte das festas patronais na honra á Santa Mariña que celebra a aldea esta fin de semana.
A xornada festiva viña xa quentando motores dende pola tarde. O ambiente de irmandade fíxose patente cando os propios integrantes de Treixadura desfrutaron da cea en comunidade cos veciños. Ademais, puideron gozar xuntos da actuación dos Jalos D’Antioquía, que foron os encargados de amenizar o “tardeo” e lograron manter ao público ben quente e animado ata a chegada do prato principal da noite.
Cando chegou o momento de subir ao escenario, a estampa era impresionante. Asistiron varios centos de persoas á cita. Aínda que moitos eran veciños da propia aldea, outros moitos chegaron atraídos dende todos os recunchos da comarca. A expectación era tal que, pasadas as doce da noite, aínda seguía chegando xente ao campo da festa. No público había persoas de tódalas idades, creando unha fermosa convivencia interxeracional na que todos estaban unidos pola mesma paixón: desfrutando, cantando e facendo o amago de querer arrincarse a bailar a cada nota que soaba.
E non era para menos. Con 37 anos de historia ás súas costas, Treixadura demostrou sobre as táboas de Piñeira de Arcos que segue a producir música, cultura e tradición galega para todas as xeracións con total vixencia. O grupo redondelán aproveitou a velada para facer vibrar aos asistentes co seu novo traballo, “Portalén”. Este disco supón unha exquisita mestura do pasado e o presente musical de Galicia, unha obra coa que a formación amplía a súa prolífica carreira. Entregados ao seu público, interpretaron o álbum practicamente enteiro.
A noite continuou xa de madrugada da man da discomóbil MQM de Vigo, pero o eco das gaitas e as pandeiretas de Treixadura quedou resoando na memoria de todos os asistentes ao concerto. Unha noite máxica que deixou claro que a tradición galega segue moi viva e palpitante.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un coche en la N-525, a la altura del acceso a la autovía en Sandiás
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que las obras no quedan a gusto de todos?
MESES TRABAJANDO
Sandiás limpia caminos para prevenir incendios
Lo último
DOMINGO 8 DE NOVIEMBRE
Cortes de tráfico por la 49ª Carreira Popular do San Martiño: horarios y calles cortadas
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
La Galicia de principios del siglo XX vista por la cámara de Nicolás Muller
PATRIMONIO
Circuíto Cultural da Rúa Vella
DESPUÉS DE UNA DISCUSIÓN
Rescate "in extremis" en Ourense: salvan a una mujer a punto de precipitarse desde un balcón