MELLORA ENERXÉTICA
Máis de 212.000 euros para a cuberta do colexio de Sandiás
300.000 euros de inversión
Máis de 30 veciños do pobo de Santa Ana acudiron a cita do alcalde do Concello de Sandiás, Felipe Traveso, e o concelleiro, Tito Traveso, na vivenda social “Escolas de Santa Ana” para unha reunión informativa sobre a próxima obra de rehabilitación do núcleo urbano da aldea de Santa Ana.
As obras centraranse na entrada da aldea e no núcleo urbano e levaranse a cabo nunha única fase, a cal está pendente de pronta licitación. Farase unha renovación e soterración dos servizos urbanos da rede de baixa tensión, telecomunicacións e a rede de iluminación pública. Tamén se fará separación de augas pluviais e fecais e está proxectada a reposición dos pavimentos con formigón e lastra de pedra pola beira das casas. Nas airas non se fai intervención ó non ser bens de titularidade municipal, pero o alcalde xestionará coa empresa as acometidas privadas das casas que o demanden no concello. Tamén pretende xestionar coa Xunta de Montes a titularidade dos terreos ca finalidade de facer un parque.
Esta actuación está incluída no Plan Hurbe, unha colaboración da Xunta co ámbito local para axudar ós concellos a financiar actuacións que poidan recuperar espazos públicos ou mellorar equipamentos. A Xunta asume o 70% dos custes, que supón un investimento de 225.000 euros, ademais de contratar e executar as obras. Por outra banda, a Deputación achegará 70.000 euros e o Concello achegará 26.000 euros, ademais de redactar o proxecto e o mantemento e conservación da intervención.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA ENERXÉTICA
Máis de 212.000 euros para a cuberta do colexio de Sandiás
MELLORA NO ABASTECEMENTO
Sandiás inviste 70.000 euros na depuradora de Cerredelo
Lo último
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas