MESES TRABAJANDO
Sandiás limpia caminos para prevenir incendios
PROGRAMA ROSALÍA
O Programa Rosalía organizou recentemente o obradoiro “Conversando sobre a nosa sexualidade” na Casa da Cultura de Sandiás, un encontro para falar de intimidade feminina a través das experiencias e dúbidas das participantes.
A actividade foi impartida pola enfermeira Beatriz Domínguez e contou coa presenza de varias mulleres da localidade, que abordaron cuestións relacionadas co autocoidado, a saúde, o benestar e o desexo feminino. A iniciativa creou un espazo de diálogo no que as asistentes puideron tratar estes temas e compartir as súas experiencias sobre eles e sen tabús.
Aberta a mulleres de todas as idades, a sesión permitiu poñer en común diferentes maneiras de entender e vivir a sexualidade. O encontro tamén serviu para reflexionar sobre a importancia de contar con información para coñecer mellor estes aspectos e tomar decisións relacionadas co propio benestar.
Desde a organización destacan a súa vontade de manter este espazo aberto á veciñanza de Sandiás e dar continuidade a este tipo de propostas. O obxectivo é manter esta conversa arredor da saúde sexual a través de actividades coma esta, que favorezan a participación da comunidade e reivindiquen o tratamento destes temas desde unha perspectiva respectuosa e como unha responsabilidade compartida.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MESES TRABAJANDO
Sandiás limpia caminos para prevenir incendios
PELIGROSA INCORPORACIÓN
Dos heridos en un accidente de tráfico tras una colisión frontal en la N-525 en Sandiás
PROGRAMA ROSALÍA
Sandiás ofrece un espazo de diálogo entre mulleres
Lo último