DEBÍ TIRAR MÁS FOTOS
Benito Antonio y el verano que cambió España
O Entroido é unha das festas máis tradicionais da nosa comunidade, con múltiples variantes segundo o lugar. Os Bolechas e Grelo Comunicación poñen en marcha un Concurso Escolar de Entroido para centros de infantil e primaria de toda Galicia. A participación é moi sinxela. As aulas que desexen participar deberán enviar unha foto relacionada co Entroido acompañada dun título ao correo electrónico: osbolechas@osbolechas.com.
Pode ser unha foto da clase disfrazada ou traballando calquera tema relacionado co carnaval, un detalle do Entroido, un disfraz da zona da que sexa o colexio que vai participar, un prato típico destas datas tan galegas… Todo vale con tal de coñecer como están celebrando as nenas e nenos de Galicia esta data tan divertida e que ten tan fonda tradición entre os nenos e as familias de Ourense.
Algunhas das fotos serán publicadas nas redes sociais dos Bolechas pero todas as enviadas ó concurso recibirán un diploma de participación e entrarán no sorteo de 20 fantásticos agasallos, entre os que hai material informático, discos dos Bolechas e lotes de libros da popular familia galega
O prazo para enviar as fotos estará aberto desde o luns 21 de febreiro ata o venres 4 de marzo.
Os Bolechas teñen tamén nas redes sociales unha unidade didáctica da festa que é tamén unha das preferidas polos máis novos, de aí a facilidade para aproveitar este interese e traballar múltiples aspectos formativos: historia, xeografía, tradición, valores, música, gastronomía, plástica…
As posibilidades son case infinitas e a guía quere ser o primeiro contacto teórico co carnaval e, en concreto ao Entroido galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DEBÍ TIRAR MÁS FOTOS
Benito Antonio y el verano que cambió España
SEMANA DE SELECTIVIDAD
Unos 300.000 estudiantes en España se enfrentan a la PAU
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: domingo, 31 de mayo
Lo último
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Borja Iglesias o todo lo que está bien en el fútbol
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXXI)
Galería | La nariz más famosa del mundo
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
Historias al límite