ESTUDIO DE LA OMS
Un mayor control del alcohol podría evitar diez mil muertes
Teatro
A trixésima edición do Festival de Teatro Galego (Fetega) ten todo listo para a súa posta en escena do dous ao seis de setembro no Carballiño. Este ano, o seu nome rebautizouse cun recordo especial ao actor Celso Parada, recentemente falecido.
A súa presentación tivo lugar onte na Deputación de Ourense, coa presenza de Rosendo Fernández, vicepresidente do organismo provincial; Jacobo Sutil, presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Francisco Fumega, alcalde de Carballiño; Josi Lage, directora do Fetega; Manuel Carballeda, representante da empresa Montañesa, e actores e actrices que formarán parte do festival.
Nesta presentación, Rosendo Fernández quixo comezar destacando que "o Festival de Teatro Galego celebra a súa trixésima edición". Ao longo de trinta anos, este evento é unha das insignias do teatro galego en toda a comunidade. "Reúne as mellores compañías do panorama artístico galego e converterá á Vila do Arenteiro na capital do teatro galego", afirmou Fernández.
O Fetega amplía os seus días de celebración de tres a cinco, así como o seu catálogo de actividades
Dende a Deputación de Ourense, Fernández reafirmou o seu labor á hora de apoiar eventos que fomenten a cultura na provincia. "Sempre tratamos de ser un referente, axudando, colaborando e, sobre todo, cooperando coas institucións para ver teatro do mellor e maxia. En definitiva, para ver cultura en maiúsculas", dixo Fernández.
Esta edición en lembranza de Celso Parada foi unha das partes que Jacobo Sutil quixo salientar. Dende a súa posición representando á Xunta de Galicia e á Agadic, rememorouno como "unha figura esencial do teatro galego". Xunto a isto, felicitou a Josi Lage e á toda a organización de Fetega por este aniversario e destacou o seu "labor na difusión das artes escénicas galegas".
Sobre a homenaxe a Celso Parada, Josi Lage resaltou a novidade do rebautizamento desta 30ª edición por Festival de Teatro Galego "Celso Parada": "É unha homenaxe a este actor e director vital das artes escénicas galegas, que nos deixou recentemente". Á parte diso, cualificou o cartel deste ano como "unha programación sublime".
Lage deu o agradecemento a todos os colaboradores que este ano permitiron que os orzamentos acadasen unha cifra dobre frente a outros anos: "Sen eles, este trinta aniversario non podería ser tan fantástico, cunha programación da mañá á noite", engadiu a directora. Recoñeceu o traballo do festival ao que representa ao facerse integramente en galego.
Josi Lage deixa a dirección do Fetega tras vinte anos como cabeza máis visible da organización
Como primicia, tal como ela o mencionou, Josi Lage deixa a dirección do festival: "Chegamos ao trinta aniversaro e é hora de que se renove, de que chegue xente con ganas, con impulso, forza e leve outros trinta anos o festival arriba". Xunto a esta declaración, confirmou que seguirá colaborando co Fetega, co que leva á fronte vinte anos.
Entre outras novidades deste ano, xunto coa homenaxe a Celso Parada, está a ampliación de tres a cinco días. Grazas a este maior número de xornadas, a programación tamén é moito máis ampla. Contarán con obradoiros, que xa se están a celebrar, así como actividades infantís. Un engadido deste ano é o ciclo de monologuistas que pasarán pola Casa da Cultura. Josi Lage destacou os premios que se entregarán este ano, que pasan a ser seis: "Teremos o Premio de Honra, á mellor actriz, mellor actor, ao mellor espectáculo, mellor espectáculo na rúa e mellor monologuista cómico". Estes galardóns serán escollidos por un xurado e resolveranse na gala que terá lugar o venres seis de setembro.
Representando ao Carballiño, o seu alcalde Francisco Fumega, explicou o que significa a celebración deste clásico festival de teatro na vila: "É un compromiso coa cultura, unha traxectoria e a implicación de moita xente, unha plataforma para os actores do teatro galego". Ademais, agredeceu a cooperación das empresas carballiñesas que, xunto co Concello, permitiron "unha maior implicación económica neste trinta aniversario".
Por parte das empresas privadas que fan a súa aportación para que o Fetega se repita cada ano, Manuel Carballeda quixo sinalar: "Os que pertencemos ao mundo da empresa recoñecemos que nunca se está libre de riscos nin de ter que sorte ano a ano distintas dificultades, polo que é un éxito manterse trinta anos". Carballeda tamén destacou o labor de Josi Lage á fronte de Fetega, así como a de todas aquelas persoas que colaboran cada ano para a súa celebración e ás compañías e actores e actrices participantes.
Para consultar o programa completo faga clic neste enlace.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ESTUDIO DE LA OMS
Un mayor control del alcohol podría evitar diez mil muertes
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de agosto
TELÉFONOS MÓVILES Y CUENTAS BANCARIAS
“NFC inverso”, la estafa técnica que se extiende por los países de Europa
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
Emilio Muñiz, crónicas dende Tetuán
Lo último
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana