ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 18 de septiembre
OBITUARIO
Onte correu a noticia do falecemento de José Carlos Fernández Otero, crego, profesor e articulista, faceta na que foi un habitual nas últimas décadas nestas mesmas páxinas. A sua vida apagouse aos 79 anos de idade víctima dos efectos dunha doenza que nos últimos tempos o tiña apartado da escea pública. Foi pontino militante e fervente seguidor de Don Bosco, consecuencia do seu paso polos Salesianos na sua primeira etapa formativa, onde tamén faría afición polo baloncesto. Ingresaría logo no seminario diocesano onde culminaría a sua estadía ordenándose sacerdote.
Listo, sagaz, tenro, irónico e ata vehemente, a sua impronta logo foi percibida por monseñor Temiño que lle confiou a secretaría persoal, converténdose na sua man dereita e manexando amplas competencias no funcionamento do Bispado. Aí adquiriu fondos coñecementos da institución e da sociedade ourensá, decisivos para forxar traballos como a “Guía de la Diócesis de Ourense”, que eran un completo compendio sobre a igrexa ourensá que incluía, entre outras cuestións, unha relación de todos os curas en activo coa suas parroquia ou parroquias, xubilados ou destinados fóra da diocese, e tamén, “La devoción mariana y Ourense”.
Rematada esa etapa pola retirada de Temiño Sáiz, José Carlos centrouse no seu labor na catedral e na docencia no Colexio Padre Feijóo, ata que o arcebispo de Valladolid -Delicado Baeza, entón- lle ofreceu no albor dos noventa ser capellán dos españois en Lisboa, onde permaneceu ata a xubilación. Paralelamente, afondou na sua afición a escribir, que cultivaba dende moi novo cando facía crónicas de baloncesto e logo dende a sua sección “Hoy es domingo”, onde abordaba cuestións de tipo relixioso e social para ir ampliando a temática e a capacidade analítica para tratar cuestións máis xerais, incluida a política, Portugal e a sociedade lusa, que coñecía como poucos. Disputou durante anos o posto de colaborador decano con Rego Nieto e José Luis Penedo, que se atribuían tamén tal galardón.
Esa atalaia non lle proporcionou nunca ingresos, pero si tantas satisfaccións como as obrigas profesionalis, ademáis de permitirlle ir acomodando a sua forma de pensar á evolución dos tempos, coa que analizaba e debullaba a actualidade cotiá. No persoal, detrás da apariencia sobria e ás veces vehemente, vivía un tipo con acusado sentido do humor, desprendido -era habitual que trouxera algún presente de Portugal para a Redacción-, xeneroso e sempre disposto a colaborar en cuanto se lle pedira, fose o que fora.
Compartimos xeiras, cuitas e gozos durante décadas nas que brindou sempre respecto e amizade leal. Non é mal final para a hora da despedida.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 18 de septiembre
PRIMERA OFICINA
Modelos de IA eluden órdenes de sus creadores en OpenAI
Lo último
SUBESTACIÓN DEL BARBAÑA
Un elevado “peaje” eléctrico en la Alameda de Ourense
Rafael Torres
Por ser estudiante y mujer
PLAZAS PARA MAYORES
Toén y Ribadavia se adelantan dentro del Plan de Residencias