NUEVO FELINO NUNCA VISTO
Vídeo | Descubren en Bolivia el tilcayo, una nueva especie de gato salvaje, tras más de un siglo
FESTA GASTRONÓMICA
As xornadas gastronómicas teñen a súa continuidade no municipio de Castrelo de Miño neste mes de agosto. Tra-las festas adicadas á anguía e ó xarrete nas parroquias de Barral e Macendo, os visitantes aínda teñen hoxe a oportunidade de achegarse ata Cortiñas para degustar unhas exquisitas codornices preparadas na "braseira", dentro da celebración que se vén desenvolvendo nesta localidade dende o pasado domingo Por tan só seis euros, unha ración composta por dúas pezas grandes e un bó anaco de pan.
A organización ten unha previsión de servir un total de 4.000 codornices nesta festa que neste 16 de agosto coincide coa romaría do San Roque. Así, a banda de música La Lira de Ribadavia será a encargada do pasarrúas a primeiras horas da mañá, para ó mediodía acompañar a tradicional procesión do santo polas augas do encoro do río Miño. A continuación, oficiarase unha misa solemne na explanada do Club Náutico de Castrelo, seguida dun concerto da agrupación musical ribadaviense.
Ó fío das oito da tarde, os cociñeiros voltarán a acender as braseiras para atender a demanda de codornices e de empanada por parte de veciños e foráneos. Unha hora máis tarde, comezará a gran verbena que pon o punto final ás celebracións, coas actuacións da orquestra Arabia e a banda de música La Lira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVO FELINO NUNCA VISTO
Vídeo | Descubren en Bolivia el tilcayo, una nueva especie de gato salvaje, tras más de un siglo
CONVENTO DE SANTA CLARA
Localizan el segundo cerebro saponificado en Pontevedra
AMENAZAS DE LA IA
Anthropic propone medir el ritmo de desarrollo de la IA
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 19 de septiembre
Lo último
EXIGENCIAS DE CALIDAD
Nuevos requisitos para las titulaciones universitarias: más exigencia y presencialidad